Jueves, 15 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 15 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso nas Escolas Infantís de Mos

O último día para formalizar a solicitude de praza nas escolas, tanto da Porteliña como de Cototorrón, rematará o vindeiro 10 de abril.

Dende a concellería de Política Social mosense que dirixe a edil Sara Cebreiro infórmase de que se atopa aberto o prazo para adxudicación de prazas nas dúas Escolas Infantís de Mos, tanto a da Porteliña coma a de Cototorrón.


Trátase do prazo de inscrición para o curso 2017/18 das Escolas Infantís para nenos/as de 0 a 3 anos de idade dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia.


Os requisitos que se deben cumprir para cursar a solicitude de praza son os seguintes:
a) Que a nena ou o neno xa nacese no momento da presentación da solicitude.
b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na Escola Infantil na que obteña praza e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2017. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente.
c) Respecto daquelas familias que xa escolarizaran outro fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede, estar ao corrente no pago das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.


O prazo de presentación de solicitudes, tanto para renovación como de novo ingreso, rematará o día 10 do vindeiro mes de abril. A solicitude deberá formalizarse no formulario normalizado que figura na orde dispoñible na guía de procedementos e servizos recollida na dirección: https://sede.xunta.gal/portada

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.