Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 15 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva anuncia que o viveiro de Barro está case o setenta por cento da súa capacidade total

A Presidenta da Deputación asinou hoxe cinco novos convenios con empresas para ocupar tres naves e dúas oficinas.

[Img #31202]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou onte cinco novos convenios con empresas para ocupar tres naves e dúas oficinas no viveiro de Barro, chegando xunto coa solicitudes xa tramitadas a unha ocupación do setenta por cento da totalidade dos espazos dispoñibles.

 

Das 16 naves que compoñen o viveiro de Barro na actualidade están ocupadas once delas máis tres que están xa solicitadas polo que a dispoñibilidade é de só dúas naves libre. A ocupación de naves é do 87,5 por cento. No que respecta a oficinas, a Presidenta subliñou que das 24 que ten o viveiro, están ocupadas doce e dúas xa están comprometidas, quedando libres só dez espazos. A ocupación é do 58,3 por cento da superficie das oficinas.

 

Carmela Silva mostrouse moi esperanzada dunha rápida ocupación da totalidade do viveiro xa que todas as empresas destacan a localización de Barro como fundamental para a súa instalación.  “Creemos que antes de que remate este semestre de 2017 a totalidade das naves estean ocupadas e un gran número das oficinas tamén”, destacou Silva.

 

“Para min esta firma de convenios – continuou a Presidenta – e unha gran noticia porque estamos a falar de creación de empresas, de actividade económica e de creación de empregos”.

 

Por último a Presidenta subliñou que a gran demanda que está a sufrir o viveiro demostra a reactivación da actividade empresarial e “dunha situación económica de crise que está quedando no pasado aínda que moitas persoas no seu día a día non o estar a notar e a están a padecer  con moita crueldade pero, é certo, que se está a ver movemento económico que é unha boa noticia”.

 

As empresas que asinaron hoxe os seus convenios son unha empresa para tratamento de auga (100% Agua);  unha para elaboración e deseño de estruturas de aluminio (Aluminium Manufacturing Componentes SL);  outra de comercio ao por menor de produtos alimentarios (Icía Distribuciones); outra de xestoría e tramitación de subvencións públicas para PEMES (Adalla Consultores); e unha  de importación e exportación de peixes e mariscos (Grupo Auremar).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.