Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21
Sábado, 18 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O Concello conmemora o día da árbore

Un ano máis, con  motivo da celebración do día da árbore, a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Marta Valcárcel, organiza varias actividades involucrando aos Centros Educativos do Municipio.


A celebración deste día sirve como recordatorio da importancia de protexer as superficies arboladas. As árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundacións, evitan a erosión... Este día internacional naceu como unha recomendación do Congreso Forestal Mundial aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Almimentación (FAO) no 1971, e o día elexido para a celebración no noso país foi o 21 de marzo, co fin de por en valor e recordar a gran importancia de protexer un ben tan preciado e tan necesario para  a nosa subsistencia, tomando conciencia do papel que teñen os recursos forestais e o coidado que se lle debe bridar ás árbores, iso lévanos a necesidade de introducir aos nenos e nenas o antes posible, no coñecemento e a práctica dunha tarefa a longo prazo como é o aprendizaxe no coidado e conservación da natureza.

 

Sabedores da gran importancia que teñen estas iniciativas o Concello de Salvaterra de Miño plantará diversas árbores nos seus Centros Educativos para conmemorar o Día Internacional da Árbore facendo  partícipes aos máis cativos, e así levarase a cabo a plantación de diversas árbores froiteiras e carballos no CEIP Infante Felipe de Borbón, no CEP Carlos Casares de Alxén e no CEIP de Leirado, os nenos e nenas do CRA A Lagoa farán a plantación no Parque Público A Canuda, ese “Xardín sobre o Miño” que é o pulmón verde da comarca. Ademais  todos poderán desfrutar dun  espectáculo infantil “A Música das Árbores”, a través do cal mostraráselle a gran importancia que teñen as árbores e o que provocan os incendios, os lumes, as talas ... no noso día a día, buscando a concienciación entre os que serán os encargados de defendelos no futuro máis cercano. O día 21 realizara a actividade o CEIP  Leirado  e o CEIP Infante Felipe e o 22 de marzo o Carlos Casares e o CRA A Lagoa.

 

Desta maneira o Concello quere por en valor unha vez mais a gran importancia da natureza e do medio ambiente  realzando a  gran labor que realizan as árbores, a través dos nenos e nenas do municipio. Temos que recordar que  Salvaterra é un dos Concellos que ten  mais metros cadrados  de zonas verdes ten  por habitante, paseos polor seus ríos,  ademais de ter máis de 1.000 árbores plantadas na Vila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.