GALICIA
Medio millón de galegos fora da casa
Segue a aumentar en 2016 o número de galegos xa nados no Exterior.
Galicia continúa medrando no Exterior, fíxoo en máis de oito mil persoas ao longo de 2016, segundo os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Agora ben, este aumento non pode identificarse co número de persoas que ’deixaron’ Galicia, por canto engloba todo tipo de novas inscricións no PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro).
Así, seguindo a tendencia dos últimos anos, a maior parte das novas inscricións de galegos no Exterior responde a cidadáns que teñen adquirido a nacionalidade española e veciñanza nalgún concello galego como consecuencia da denominada Lei de Memoria Histórica, e tamén existe unha porcentaxe significativa de fillos nados de galegos residentes na diáspora. É dicir, trátase de cidadáns que non emigran, por canto non residían na Galicia territorial.
Os cidadáns que xa residían fóra e adquiriron a nacionalidade, e os fillos de galegos da diáspora, configuran as novas incorporacións ao PERE
En cambio, o número de galegos nados en Galicia e residentes no Exterior (emigrantes) redúcese nun 0’40 por cento. Así, en 2015, os galegos nados no territorio e que residían fóra eran 154.071, fronte aos 153.456 de 2016, seguindo a tendencia dos anos anteriores.
Pola contra, os galegos residentes no Exterior xa nados na diáspora (ou incorporados ao PERE por adquisición de nacionalidade) aumentou desde 349.769 persoas a 358.374, un 2’46 % máis.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44