Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 16 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos proxecta tres plans de actuación para continuar a ampliar os servizos do Centro de Día

A alcaldesa lamenta "a guerra emprendida por GañaMos contra a antiga Casa Reitoral de Petelos cando se trata da recuperación dun importante patrimonio histórico que se destina a un fin loable como é o coidado dos nosos maiores".

[Img #31243]

 

O Concello de Mos asegura que "fixo unha importantísima recuperación do patrimonio histórico municipal rehabilitando a antiga Casa Reitoral de Petelos e adaptándoa para Centro de Día. Estes traballos, que se iniciaron fai máis de seis anos e se levaron a cabo en varias fases, prolongaranse no tempo porque aínda queda moito por facer”, segundo se informou onte dende a administración local mosense.


A alcaldesa Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, anunciaron onte que o Concello ten programados tres plans de actuación no Centro de Día que está a xestionar AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia): un plan de actuación urxente, un plan a curto prazo e outro a medio prazo.


O plan de actuación urxente terá un inicio inminente, xa que os traballos empezarán o luns da semana próxima, día 20 de marzo. As obras que se acometerán e que están supervisadas polo arquitecto municipal serán de fontanería, de albanelería para o óptimo mantemento das estancias interiores, e da adaptación dun espazo a modo de pequeno comedor, -no que se instalará un fregadeiro, etc.-, para preparar e servir as merendas dos maiores usuarios do Centro.


Para o plan a curto prazo buscarase financiación da consellería de Política Social. A realización do proxecto no que o Concello está traballando precisará unha inversión  duns 100.000 euros que se destinarán a habilitar varias salas a maiores na zona sur do edificio da Casa Reitoral e facelas operativas para o uso de terapias e actividades con maiores, seguindo o método de recuperación empregado ata o de agora.


A medio prazo contémplase unha intervención máis ambiciosa para a que a rexedora local, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente e Urbanismo, Julia Loureiro, xa lle solicitaron fondos ao Director Xeral de Desenvolvemento Rural e Director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois, nunha recente visita ao Concello de Mos. A inversión necesaria neste proxecto de continuación da obra no Centro de Día superaría os 200.000 euros.


Neste sentido Arévalo declara que “o que nos preocupa dende o equipo de goberno local e continuar atentendo aos nosos maiores e que nun futuro, ademais de atender a enfermos de Alzheimer o centro poida estar ao servizo da Terceira Idade en xeral, que sexa un espazo de convivencia onde poidan pasar o seu tempo de ocio e tempo libre”.

 

[Img #31242]

 


Así mesmo a concelleira Cebreiro destacou o gran e intenso labor que xa se está a facer nestas instalacións que durante o ano 2016 atenderon a un total de 49 usuarios e as súas familias. Actualmente os martes e xoves de 17.00 horas a 20.00 horas un grupo de 15 maiores enfermos de Alzheimer recibe terapia de AFAGA no Centro de Día de Petelos, e a edil informou hoxe de que agora duplicarase o servizo cun novo grupo doutras 15 persoas que serán atendidas os luns e mércores no mesmo horario de tarde. Ademais ampliaranse as actividades organizadas nestas instalacións e vanse organizar cursos abertos para todos os maiores interesados baixo o título de “Exercita a túa mente” e a finais de ano, no último semestre, impartirase un curso de cuidador/a para persoas con familiares dependentes ao seu cargo que se está a organizar e tramitar coa Xunta de Galicia.


“Queda así demostrado”, declararon as representantes municipais, “que o que máis nos preocupa é seguir atentendo aos nosos maiores pero tamén recuperando o noso patrimonio, por iso ampliamos o convenio co Bispado sobre a antiga Casa Reitoral de Petelos durante 4 anos máis. E somos partidarios de conveniar co Bispado porque iso revirte en beneficios para os veciños de Mos en xeral e os de Petelos en particular”.


"O triste, neste sentido, é que un grupo político da Corporación Municipal como é GañaMos, non pare de poñer paus na roda á xestión muncipal e moi especialmente sobre o Centro de Día. Precisamente no último Pleno sacaron reiteradamente este tema acompañándoo de críticas infundadas" explican. A este respecto Arévalo e Cebreiro consideran que “é lamentable que un partido político da Corporación estea en contra tan frontalmente dun Centro que aúna dous fins máis que loables como son a recuperación dun importante patrimonio histórico e cultural mosense, e o coidado dos nosos maiores”.


Sen embargo -din- "as súas críticas e denuncias non lles valen de nada, pois ata tres veces levaron o expediente da antiga Casa Reitoral de Petelos á Fiscalia e as tres veces llo arquivaron pola inconsistencia das súas acusacións".


Alcaldesa e concelleira de Política Social remataron as súas declaracións pedíndolles aos membros de GañaMos que “se aclaren, pois sí queren que se invirta na recuperación do Castro de Torroso a pesares de que os terreos son propiedade de veciños particulares, pero non queren que se invirta na recuperación da antiga Casa Reiteral de Petelos porque é propiedade da Igrexa”. “En política ante todo hay que ser coherentes e consecuentes, porque senón enseguida se lle pilla a un nun renuncio; por iso señores, deixen a demagoxia e opten pola coherencia que mellor lles irá”, concluíron.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.4

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.