Mos
Torroso amplía o seu centro dotacional en 500 metros cadrados máis
En total serán cinco novas salas e un espazo multiusos nos que a Comunidade de Montes investirá máis de 800.000 euros
![[Img #31248]](upload/img/periodico/img_31248.jpg)
Apenas dous anos e medio despois da súa inauguración o Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso xa se queda pequeno, por iso a actual Xunta Directiva da Comunidade de Monte s de Torroso presidida por Camilo Grandal decidiu ampliar estas instalacións.
O Centro foi inaugurado o pasado 14 de xuño do ano 2014 cun custo de 2,5 millóns de euros, agora contan cun orzamento de 825.000 euros para engadir case 500 metros cadrados adicionais.
![[Img #31247]](upload/img/periodico/img_31247.jpg)
A construtora Gómez Crespo S.L., que tamén se encargou da execución do primeiro proxecto, é agora a encargada de executar estas obras de ampliación que sumarán cinco novas salas incluída unha sala de 67 metros cadrados para uso de persoas maiores e tamén un espazo polivalente de 150 metros cadrados máis.
Ademais está prevista a construción de dous novos despachos, un usarase para o arquivo de montes e outro para o centro cultural da parroquia de Torroso.
![[Img #31246]](upload/img/periodico/img_31246.jpg)
A gran afluencia de alumnos á Escola de Música Municipal e o recentemente estreado Conservatorio Profesional motivaron a ampliación do Centro. As obras que se están a executar estará finalizadas cara ao mes de setembro deste ano coincidindo co inicio dun novo curso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.86