Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 20 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
Provincia

Aberto o prazo para presentarse ás prazas de persoal interino do Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación

O Boletín Oficial da Provincia xa publicou as bases da convocatoria

[Img #31252]

 

O Boletín Oficial da Provincia (BOPO) ven de publicar as bases da convocatoria para o proceso de selección de 20 prazas de persoal interino para o Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación.

 

Esta convocatoria, que se resolverá polo sistema de oposición libre, xorde pola necesidade de dar continuidade ao Plan Revitaliza posto en marcha desde a Deputación de Pontevedra co obxecto de cambiar o actual sistema de tratamento de residuos nos concellos de Pontevedra, cunha aposta clara pola implantación de composteiros individuais, os centros de compostaxe comunitaria e as plantas comarcais de compostaxe.

 

En total ofértanse vinte prazas de persoal interino por programa. Doce delas son de mestras e mestres composteiros, que constituirían unha categoría de empregados cun status de capataz cualificado ou similar –C1– para, entre outras funcións, dar soporte técnico e participar activamente nos traballos físicos no proceso da compostaxe comunitaria, resolvendo as dúbidas e os problemas que poidan xurdir durante todas as fases do proceso. Encargaranse, ademais, das funcións de supervisión dos composteiros indivisuais e tamén do control e supervisión do funcionamento das futuras plantas.

 

As técnicas e técnicos de xestión de residuos municipais e tratamento de biorresiduos (seis prazas A2) constituirán unha categoría especializada de empregados con múltiples funcións, desde traballos prácticos de campo ata a elaboración de plans de residuos completos para concellos ou mancomunidades, así como labores de coordinación, impulso e xestión de ámbitos complexos dentro do Plan Revitaliza.

 

Por último, o persoal técnico de xestión económico-administrativa (dúas prazas A2), con coñecementos en materia de residuos municipais, prestará apoio nas funcións de asesoramento e redacción, entre outras, de propostas de regulamentos, ordenanzas fiscais e estudos económico-financeiros relativos ao Plan Revitaliza e aos plans de residuos municipais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.