Viernes, 26 de Septiembre de 2025

Xornal21
Viernes, 17 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

156 alumnas e alumnos de tres colexios de o Porriño participaron no Pavillón Municipal do Porriño nunha xornada de achegamento ao Judo

[Img #31259]

 

156 alumnas e alumnos do CEIP Plurilingüe de Atios-39-, o Xosé Fernández López-48- e o Colexio Hermanos Quieroga-25- participaron este xoves, no Pavillón Municipal, nunha xornada de Aproximación ao Judo, na que, a través de xogos guiados, aprenderon varias das técnicas básicas deste deporte.


As sesións, de 10 a 11:15 h. e de 11:15 a 12:30, serviron para que as rapazas e rapaces coñecesen ás ‘Destrezas Técnicas’, e ‘Destrezas Físicas’ de cara á aprendizaxe de habilidades motoras básicas e combinadas simples ao tempo que se lles transmitiu un concepto novo de práctica deportiva baseado na loita, pero con fins unicamente deportivos e lúdicos.


Nunha das sesión,organizadas  pola Federación Galega de Judo e Deporte Adaptado, a Secretaría Xeral para o Deporte do Goberno de Galicia, e a Concellería de Deportes do Concello do Porriño, estivo presente o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, quen lembrou que esta fin de semana, neste mesmo escenario  o“Campionato Xogajudo”, que xuntará ás mellores e mellores judocas escolares de Galicia.


Carrera lembrou o apoio “decidido, constante e incondicional” do Concello do Porriño á práctica do deporte,“en especial do deporte base” ao que, lembrou vai destiñado prácticamente o cen por cen do orzamento municipal de Deportes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.