Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 19 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A asociación de comerciantes da Tabernanova lamenta "o oportunismo e o retraso do alcalde"

[Img #31266]

 

O pasado 25 de Xaneiro, a asociación de comerciantes reuníronse cos responsables autonómicos para por solución ós problemas da zona comercial na que teñen os seus negocios.

 

Dende a asociación de comerciantes da Tabernanova lamentan "a pouca atención-interese por parte do Concello por mellorar esta zona comercial posto que dende fai 15 meses tivemos varias reunións co Sr. Alcalde respeto da zona comercial, e ata o pasado 2 de Marzo non se fixo por escrito ningunha xestión ante a Xunta de Galicia".

 

Aseguran que "tampouco temos noticias do saneamento que xa leva prometido uns e outros gobernos e ata o día de hoxe non o vimos e seguimos a espera".

 

Os comerciantes explican que "ante a parálise da situacion, foi a propia asociación a que tivo qe xestionar-concertar unha reunión cos responsables da Xunta, reunión que tivo lugar o pasado 25 de Xaneiro na delegación en Vigo. En esa reunión estivo o Director de Infraestruturas que se comprometeu a facer un informe da situación para dar solución a situación do estado de abandono na que se atopan as aceras, alumbrado, cableado e outros servicios de esta zona semiurban".

 

Por outra parte, esta asociación lamenta "o destempo na actuación do Alcalde e o increible de ver como rechazou en pleno, co seu voto en contra, unha proposta plantexada polo grupo popular para a mellora da zona e, ahora, instar à Xunta a facer as melloras solicitadas que el e o seu grupo rexeitou sen asumir a responsabilidade de liderar as peticións e competencias municipais (apertura de novos viais e saneamento) que lle corresponde como Alcalde do Concello, donde dixo nas reunions que tivemos con el e quedou de facer un levantamento topográfico da zona no mes de xuño do ano pasado é a data de hoxe despois de pedirllo varias veces non temos contestación de nada".

 

Desde a Asociación aseguran que "non entendemos este comunicado pois nos esperábamos noticias dende o Concello das xestións que se fixeran sobre a ZONA COMERCIAL da TABERNANOVA-SOUTELO".

 

"Por este motivo pedimos a todos os grupos da corporación que apoien as nosas reivindicacións para que, deste xeito, se poidan cumplir os obxetivos fixados por esta asociación" explican.

 

Por último indican no comunicado que "seguiremos petando en todas as portas ata conseguir mellorar a nosa zona comercial para seguir facendo posible a sostenibilidade dos negocios e empregos".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.