MOS
Os 2.000 nenos/as mosenses de ata 12 anos e os seus familiares xa teñen oferta de ‘Ocio en Familia’ para todo o ano
Hoxe presentouse a programación que inclúe como principal novidade a incorporación de actividades para bebés de 0 a 3 anos de idade.
![[Img #31268]](upload/img/periodico/img_31268.jpg)
Esta mañá celebrouse a presentación de a toda programación de ‘Ocio en Familia’ ata finais de 2017 no parque infantil da Pesqueira, na parroquia de Mos.
Estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Kely Monzón, concelleira de Educación e Participación Cidadá e as integrantes do grupo ‘As Maimiñas’ que protagonizarán unha das actividades deste programa.
‘Ocio en Familia’, iniciativa organizada pola concellería de Educación e Participación Cidadá mosense dende o ano 2009, é un dos programas con maior éxito de afluencia de público nas actividades que oferta. Trátanse de espectáculos, concertos, obradoiros, etc. dirixidos a familias con nenos/as que se celebran unha vez ao mes. Inicialmente as actividades ían dirixidas a cativos con idades comprendidas ente 3 e 12 anos, sen embargo este ano inclúese a novidade da ampliación do rango de idade abarcando tamén aos pequenos de 0 a 3 anos.
Dentro da programación de Nadal e Entroido xa se celebraron actos enmarcados dentro do programa ‘Ocio en Familia 2017’, se ben hoxe presentouse a programación do resto do ano:
O vindeiro sábado, 18 de marzo, o grupo mosense ‘As Maimiñas’ presentarán o seu libro-disco ‘Volta, revolta e reviravolta’ás 18.00 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso.
En abril, o día 30, a compañía ‘Mala Sombra’ ofrecerá un espectáculo de burbullas de xabón titulado ‘Ploff, as pompas máxicas’. En maio os protagonistas serán os bebés que poderán gozar da obra ‘Zapatos’ da compañía Caramuxo Teatro o día 28. No mes de xuño celebraranse, con motivo da Festa da Rosa, os obradoiros ‘Cociña en Familia’ e realizarase tamén unha excursión ás Illas Ons. O 24 de setembro chegará ‘A Tropa Trapalleira’ da compañía Bocaberta, o 29 de outubro representarase o segundo espectáculo do ano dirixido a bebés titulado ‘Redondo’, e en novembro organizarase un espectáculo para que os pequenos mosenses e as súas familias traballes valores de igualdade e respecto con motivo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero que se celebra o día 25.
En decembro chegarán as actividades de Nadal, época que as familias viven de xeito moi especial, que abarcan diferentes actividades e momentos de ocio familiar como o acto do acendido do alumeado navideño, ciclos de cine, actuacións musicais, espectáculos visuais, o obradoiro ‘Cociña en Familia’, etc.
Ao longo do 2016 participaron no programa ‘Ocio en Familia’ un total de preto de 4.000 persoas, o que demostra o grande éxito desta iniciativa municipal. Dentro deste programa organizáronse o ano pasado un total de 14 actividades.
A rexedora local e a concelleira Monzón destacaron a importancia que dende o Concello de Mos se lles dá ás familias, xa que na localidade mosense existen unhas 1.000 familias con fillos de entre 0 e 12 anos e preto de 2.000 nenos/as con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos (dos cales uns 500 atópanse no rango de idade de entre os 0 e os 3 anos). “A todos eles vai dirixido este programa que deseñamos e organizamos con todo o cariño, o que cremos que as familias perciben e valoran xa que a acollida e o grao de satisfacción son sempre inmellorables”, declararon Arévalo e Kely Monzón.
Dende o Concello de Mos considérase que a familia é un elemento natural e fundamental para o correcto desenvolvemento da sociedade. A súa actuación inflúe en numerosas áreas do ser humano como é na formación, na educación, na humanización, etc. Á súa vez, son moitos os elementos externos que lle inflúen de forma positiva e negativa (a globalización, o consumismo, a relixión, a política, a economía, etc). Debido a isto, son moitos os retos a superar polas familias para que a súa formación e continuo desenvolvemento non se vexa afectado.
Neste programa de ‘Ocio en Familia’ preténdese abarcar todas as áreas que inflúen nas familias, o ocio e tempo libre, a conciliación familiar e laboral, as relacións sociais, etc.
Existen diversos elementos externos que lle inflúen de forma negativa ás familias, como o consumismo, a vida sedentaria (o uso excesivo da consola, de internet, a televisión…), etc., e por iso, con este programa preténdese darlles ás familias de Mos opcións máis activas, emprendedoras e creativas.
As diversas experiencias que se propoñen fan que os nenos e nenas se divirtan, aprendan a relacionarse, compartan actividades e sobre todo, vivan novas e enriquecedoras experiencias. Os pais dos nenos e nenas poderán conciliar optimamente a vida laboral coa familiar nos períodos vacacionais, poderán compartir o ocio activo cos seus fillos, participando con eles en actividades activas e creativas.
A través deste programa, bríndanse actividades educativas, sociais e afectivas, buscando a mellora das relacións familiares e sociais de todas as nosas familias, cunha organización responsable, coherente e profesional, garantindo a harmonía, a convivencia, a alegría e o benestar de todos/as.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85