Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 18 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O goberno mosense lamenta que o PSOE non asistise ó acto do Día da Muller

"Tratábase dunha actividade aberta para todo o que quixese participar previa inscrición. Acudiron un total de 200 persoas, homes e mulleres." explican

 

Dende o Concello de Mos califican de "lamentables as declaracións públicas dos socialistas de Mos que, entre outras cousas, son mentira e están a ser utilizadas como cortiña de fume para enmascarar e xustificar a súa ausencia no acto central conmemorativo do Día Internacional da Muller. Precisamente por parte dun grupo político que é o gran ausente na Casa Consistorial, apenas pasan polas dependencias da administración local a non ser que sexa estrictamente necesario e teñan retribución económica a cambio, -como no caso dos Plenos e Comisións-, e o seu descoñecemento do funcionamento do consistorio é total"· explican dende un comunicado..

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, declararon esta semana a este respecto que “o acto non só saiu á perfección, senón que a andaina tivo unha afluencia masiva tanto de mulleres como homes e incluso de nenos e nenas, congregando a un total de 200 persoa”. Ó igual que tamén tivo unha enorme acollida a charla sobre igualdade impartida por Alba Alonso Feijoo que sucedeu á andaina e o musical do actor mosense, Pablo Paz, ‘La Calderona’, que se celebrou o sábado 11 de marzo no auditorio de Torroso e logrou un cheo absoluto con todas as entradas vendidas a poucos días de saír á venda".

 

Explicaron as representantes municipais que o acto era aberto para todo aquel que quixese participar, previa inscrición, "tal e como se informou en publicacións realizadas en sucesivas ocasións dende o día 24 de febreiro tanto no Facebook do Concello como na páxina web municipal, así como en notas de prensa das que se fixeron eco diversos medios de comunicación. Polo tanto todos os veciños foron avisados en tempo e forma".

 

A maiores aseguran que "envióuselles a todas e cada unha das asociacións mosenses unha invitación formal" e non a “asociaciones puntuales, como afirman dende o PSOE de Mos".

 

Arévalo e Cebreiro sentencian que “o que verdadeiramente estivo mal e que é motivo de descontento xeralizado é que ningún representante dos grupos políticos da oposición da Corporación Municipal asistise ó acto central conmemorativo do Día da Muller”. “Polo menos que teñan unha actitude coherente e a decencia de non dedicarse a criticar e a mentir sobre unha iniciativa na que nin sequera participaron”, sentenciaron.

 

Sacan sen embargo as representantes municipais unha conclusión moi positiva da programación do Día da Muller, “sobre todo da andaina”, dixeron, “xa que a participación foi masiva e o grao de satisfacción expresado polos participantes, homes e mulleres, foi inmellorable”. “Estamos a facer as cousas ben e os veciños están satisfeitos, iso é o que realmente lle molesta ao PSOE de Mos”, concluíron.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.