Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 18 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello pontevedrés de Pazos de Borbén

No que vai de ano, son nove os investigados pola Policía Autonómica por delitos relacionados con lumes nos montes galegos.

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Pontevedra informaron hoxe da investigación dun home como presunto autor dun incendio no concello de Pazos de Borbén.

 

Tras unha investigación conxunta levada a cabo pola Policía Autonómica de Pontevedra e axentes facultativos de medio ambiente da Brigada de Incendios Forestais da Consellería de Medio Rural, procedeuse á imputación dun varón, como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 10 de marzo, na parroquia de Ermida, no concello de Pazos de Borbén, e que afectou a unha superficie arborada de 0,55 hectáreas.

 

O lume debeuse ao escape dunha queima de restos agrícolas que o investigado estaba a facer de xeito presuntamente neglixente. Na extinción interveu persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia.

 

Polos feitos descritos, tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Redondela. No que vai de ano, son nove as persoas detidas pola Policía Autonómica, como presuntos autores de incendios forestais.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.