GALICIA
A Xunta oferta 600 prazas para estadías en balnearios dirixidas ás persoas maiores de Galicia
Esta iniciativa facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de gozar duns días de tratamento termal en balnearios da comunidade.
A Xunta de Galicia abre dende hoxe e ata o vindeiro día 17 de abril o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa ‘Benestar en balnearios’. O principal obxectivo deste programa é contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, convivencia e tratamento termal, ocupando o seu tempo libre dun xeito activo e positivo.
Nesta ocasión, e tal como se recolle no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado xoves, convócanse un total de 600 prazas repartidas por toda Galicia. Como en pasadas edicións, este programa desenvolverase nos balnearios de Acuña en Caldas de Reis (Pontevedra); Arnoia en Ourense; Augas Santas en Ferreira de Pantón (Lugo); Baños de Brea en Vila de Cruces (Pontevedra); Baños de Molgas en Ourense; Caldelas de Tui en Tui (Pontevedra); O Carballiño (Ourense); Carballo (A Coruña); Cuntis (Pontevedra); Laias en Cenlle (Ourense); Lobios (Ourense); Río Pambre en Palas de Rei (Lugo); Termas Romanas de Lugo; Balneario de Guitiriz (Lugo) e o Balneario Eurostars Isla de La Toja no Grove (Pontevedra).
As persoas interesados poden acceder á información e ao modelo de solicitude na web da Xunta de Galicia.
O programa ‘Benestar en balnearios’ facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de gozar duns días de tratamento termal en balnearios emprazados en Galicia. A duración da estadía é de dez días (nove noites). A mesma inclúe a estadía en habitacións compartidas, en réxime de pensión completa en balnearios, hoteis ou residencias; tratamento termal, segundo prescrición facultativa; e actividades de animación sociocultural.
Nesta convocatoria, ao igual que o ano anterior, as persoas participantes poderán ir acompañados de fillos ou fillas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%
Para participar nesta iniciativa é necesario ter máis de 60 anos ou de 55 reunindo a condición de pensionista, estar empadroado e residir en Galicia, valerse por si mesmo, non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin trastornos mentais ou de conduta.
Tamén poderán participar os fillos ou fillas das persoas solicitantes que teñan un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando o podan facer sen necesidade de apoio de terceira persoa e se podan desprazar con autonomía e compartan a habitación coas persoas proxenitoras.
As solicitudes poderanse presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, nas xefaturas territoriais e nos centros sociocomunitarios. No caso das parellas que queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda deberán presentar unha única solicitude para a súa baremación conxunta, acompañada da documentación que nela se indica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44