Nigrán
Excel e Soldadura para desempregados do municipio
O prazo de inscrición remata o venres 24. Ambos impartiranse durante o mes de abril
Nigrán programa un novo curso de “Soldadura semiautomática MAG/MIG para homologacións 2G e 3G”, e outro de Excel Avanzado, ambos dirixidos de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas no municipio. O obxectivo destas accións gratuítas para o alumnado, é ofrecer formación de calidade para ampliar as posibilidades de emprego dos interesados. Así, ambas foron deseñadas dende os servizos técnicos municipais atendendo as demandas máis comúns das empresas (compre salientar o 50% dos alumnos que realizaron o curso de soldadura anterior acadaron un posto de traballo relacionado antes de finalizar o mesmo).
O curso de soldadura terá unha duración de 330 horas nas que se inclúen módulos específicos de prevención de riscos laborais e de prácticas en empresas, e ten previsto o seu inicio o 6 de abril. Os interesados, que deben ter como mínimo o graduado escolar ou equivalente, adquirirán os coñecementos teórico/prácticos do proceso de soldadura semiautomática MAG-MIG e poderá ser acreditado a través das correspondentes homologacións da European Welding Engineer (EWF). Unha vez presentada a solicitude de inscrición, e tras comprobar o cumprimento dos requisitos mínimos establecidos nesta convocatoria, as persoas aspirantes serán convocadas a un exame realizado pola empresa docente que se anunciará nos distintos taboleiros municipais e que está previsto inicialmente para o martes, 31 de marzo, en instalacións municipais.
Para o curso de “Excel avanzado”, de 15 horas, é preciso acreditar de xeito documental no momento de inscrición ter formación previa nesta aplicación informática. O mesmo se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), do 3 ao 7 de abril, de luns a venres, en horario de 10:30 a 13:30.
Nos dous casos o prazo de inscrición remata o venres 24. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia e unha enquisa de selección que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena Municipal e no Departamento de Desenvolvemento Local de Nigrán e achegando a documentación que se indica en dita solicitude.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149