Galicia
Educación premiará os mellores proxectos dos centros con robots, programación ou impresoras 3D
Cada instituto poderá presentar ata un máximo de seis equipos e os proxectos deberán ser elaborados coa dotación de material tecnolóxico enviado polo departamento educativo da Xunta de Galicia
![[Img #31305]](upload/img/periodico/img_31305.jpg)
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de convocar un novo premio de innovación educativa co que se busca recoñecer o traballo que están desenvolvendo os centros educativos públicos en prol da promoción e impulso dos coñecementos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Uns coñecementos presentes a través das distintas materias troncais e específicas do currículo, e máis concretamente nas de libre configuración autonómica de Programación (para ESO) e de Robótica (para bacharelato), nas que este curso 2016/17 hai un total de 4.200 e 570 matriculados respectivamente, o que demostra o notable interese que espertan no alumando.
Cómpre lembrar que, en liña coa introdución destas materias, o departamento educativo da Xunta de Galicia realizou no presente curso unha dotación de kits de robótica educativa, placas de comunicación e programación e equipos de impresión 3D aos institutos galegos, uns equipamentos cos que se favorece o fomento das competencias científicas e tecnolóxicas, así como polas vocacións STEM.
Precisamente, os proxectos presentados ao premio ‘Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D’ deberán estar elaborados con este material tecnolóxico. Cada centro poderá concorrer con ata un máximo de seis equipos, que estarán configurados por un mínimo de tres alumnos e un máximo de seis.
Tres desafíos para demostrar as habilidades adquiridas
A competición divídese en dúas categorías e tres desafíos, nos que o alumnado demostrará as habilidades adquiridas. En concreto, a categoría STEM junior está pensada para proxectos sinxelos realizados por alumnado de iniciación e é aconsellable para alumnado de 1º, 2º, 3º de ESO, FP Básica ou PMAR. Pola súa banda, a categoría STEM senior está orientada a proxectos máis complexos, para alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Cada proxecto debe presentarse a unha única categoría, pero pode participar en un, varios ou todos os desafíos que se propoñen. O ‘desafío robots’ consiste en que un ou varios robots, sobre un escenario, realizan determinadas accións ou tarefas encamiñadas a dar solución a unha situación que teñan aplicación na realidade da vida diaria. O ‘desafío programación’ basearase nun proxecto tecnolóxico que de solución a unha necesidade concreta onde se utilicen linguaxes de programación tipo Scratch. E, como terceiro desafío, o de ‘impresión 3D’, no que se empregará unha impresora destas características para o deseño e construción de todas ou parte das pezas da maqueta que represente ao proxecto.
Premios de 2.000 euros
En canto aos premios, outorgaranse un total de seis, un por cada desafío e categoría. En concreto, cada galardón ascende a 2.000 euros, que irán destinados ao centro docente do equipo gañador. A maiores, os alumnos e alumnas dos equipos recoñecidos recibirán un premio ou unha distinción e poderán participar nun evento onde amosen os seus traballos e destrezas.
Cómpre destacar que os centros teñen ata o 21 de abril como data límite para presentar a solicitude e a documentación de cada proxecto STEM. En todo caso, todos os detalles da convocatoria poden consultarse no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21529.
Estratexia para fomentar as vocacións STEM
Esta iniciativa enmárcase dentro da estratexia da Consellería de promover as vocacións STEM entre o estudantado galego, ao tempo de dotalos dos recursos e ferramentas necesarias para o uso seguro da tecnoloxía. Nesta estratexia, e ademais das materias de libre configuración autonómica, da dotación de equipamentos e da posta en marcha de formación específica para o profesorado vinculado ás ensinanzas tecnolóxicas, tamén se inclúe o programa ‘Club de ciencia’, un proxecto piloto para fomentar a investigación e o desenvolvemento do espírito crítico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44