Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 21 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra súmase ó Día Mundial do Síndrome de Down

A institución provincial aposta por promover a construción dunha sociedade máis inclusiva, xusta, equitativa, plural e democrática.

[Img #31335]

 

A Deputación de Pontevedra súmase este martes, 21 de marzo, ó Día Mundial do Síndrome de Down, co obxectivo de reivindicar a construción dunha sociedade máis inclusiva.  A deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, representando ao goberno provincial de Carmela Silva, participará activamente mañá ás 20:00 no acto que “Down Galicia” está a organizar na Praza da Pedreira de Pontevedra.

 

Para a Deputación de Pontevedra é fundamental reivindicar a construción dunha sociedade máis igualitaria, máis inclusiva, na que todas as persoas, coas súas diferenzas, poidan participar activamente nos diferentes ámbitos da sociedade e teñan máis e mellores oportunidades.  Por este motivo, a institución provincial aposta por recoñecer as diferenzas e o seu valor engadido e atendelas para atopar posibilidades de estar en sociedade e configurar unha vida máis xusta, equitativa, plural e democrática.

 

Neste contexto, o novo goberno da Deputación de Pontevedra está a impulsar programas e actividades, ben a través das áreas de Cohesión Social e Xuventude, ben de Emprego, Recursos Humanos ou Deportes, nos que a igualdade, a diversidade e a inclusión son aspectos fundamentais. Así,  por vez primeira, o goberno provincial está a favorecer que nenas e nenos con Síndrome de Down e diversidade funcional poidan participar nos Campamentos da Lanzada, que poidan ter opcións de ocio e tempo libre mediante o programa “En ruta coa Depo”, que poidan ter acceso a un posto de traballo a través de programas como “Depoemprega” ou bolsas de emprego, e tamén por vez primeira se está a incluír ós clubs de deporte adaptado nas convocatorias de subvencións.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.