Mos
Gañamos pide solución para a “perigosa” intersección á saida da AP-9 en Puxeiros
A alcaldesa, Nidia Arévalo: "GañaMos ridiculízase reclamando medidas de seguridade nun cruce situado en terreo de Vigo"
![[Img #31383]](upload/img/periodico/img_31383.jpg)
Os respopnsables de comunicación de Gañamos, Marina Alcalde e Marcos Escudero, piden solución para a que consideran “perigosa” intersección á saida da AP-9 en Puxeiros mentres que critican A “pasmosa pasividade do goberno municipal ante este grave problema”.
Os dous responsables de comunicación din que “calquera conductor ou conductora que a cotío circule por dito cruce seguro que sentiu a sensación de perigo ou incluso levou algun susto tendo que maniobrar para evitar unha colisión, máxime se o transito é nas horas de maior densidade de tráfico pesado. É notorio e de todas coñecida a mala visibilidade do devandito cruce que aumenta a seu potencial risco de colisión pola alta velocidade de aproximación dos vehiculos que abandonan a autopista”.
Recordan que a mediados do ano pasado aprobouse por iniciativa de GañaMos unha moción para solicitar ao Ministerio de Fomento o arranxo e adecuación desta perigosa intersección. “Fumos preguntando reiteradamente e con paciencia se o Concello tiña resposta á solicitude enviada, no pasado pleno voltamos a insistir e respoderonnos outra vez negativamente e cando preguntamos que acción se tiña prevista para solucionar a pasividade do Ministerio contestannos que se van limitar a agardar”.
Explican que “neste cruce literalmente se xogan a vida multitude de veciñas e veciños de Mos, un goberno responsable non se limita a esperar comodamente senón que actúa”.
Piden “como mínimo solicitar unha cita co responsable provincial de Fomento para explicarlle en persona a gravidade deste problema e conminarlles a subsanalo”.
Por último explican que “cunha simple inspección visual in situ advírtese que o Ministerio de Fomento ten terreos expropiados ou afectados dabondo para acometer unha reforma que suprima este perigo para todas as veciñas e veciños que teñen que circular por dito cruce”.
O Concello dí que “GañaMos ridiculízase reclamando medidas en Vigo”
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, pon de manifesto “o descoñecemento dos membros de GañaMos que quedan en evidencia cada vez que fan declaracións públicas. Esta vez reclaman a través dos medios de comunicación medidas de seguridade no cruce da A-55 dende Puxeiros”.
Dende o Concello explican que “Piden dende GañaMos ‘que o goberno local pida unha cita co responsable provincial de Fomento para poder explicarlle en persoa a gravidade deste problema e pedirlle unha solución’”. Ao que a rexedora local mosense resposta que “no Concello de Mos temos moi boa relación co Ministerio de Fomento, e todas as nosas peticións son atendidas, pero neste caso non nos compete a nós dirixirnos ao Ministerio xa que ese cruce atópase en terreo de Vigo”.
Neste sentido Arévalo instou aos membros de GañaMos a “que se informen primeiro antes de reclamar e saír a facer o ridículo públicamente, e unha vez que estean informados que se comuniquen cos seus compañeiros de En Marea de Vigo para que falen co seu alcalde, Abel Caballero, e que lle reclamen o que equivocadamente me están reclamando a min”.
Nidia Arévalo concluiu reiterándolle a GañaMos unha encarecida petición de “seriedade e de traballo rigoroso en lugar do despropósito de oposición que están a facer, baseada únicamente nas mentiras, calumnias e o xogo sucio”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158