Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 24 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos conmemora o Día da Poesía cun obradoiro didáctico nos coles

Os destinatarios desta iniciativa foron os alumnos e alumnas de 4º de Primaria.

[Img #31385]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá mosense, Kely Monzón, acompañaron esta semana aos alumnos e alumnas de 4º curso de Primaria do Colexio de Atín nun obradoiro de poesía organizado pola concellería de Educación.

 

Dito obradoiro impartiuse durante as xornadas de onte e hoxe nos CEIPs de Atín, Mestre Martínez Alonso en Castro-Mos e Petelos.

 

Sobre esta iniciativa, a edil responsable da mesma declarou que “dentro da educación, a poesía posúe un papel fundamental, pois axuda a espertar o interese e a motivación no noso alumnado. A través da poesía fomentamos a comunicación, a lingüística, a cultura e as habilidades sociais, sendo todas elas fundamentais para desenvolver e conseguir o desenvolvemento integral de cada alumno e alumna. Polo xeral, na escola ensínase a poesía dunha maneira ríxida, teórica, que non nos deixa profundizar na maxia que é a poesía. Por isto, e conmemorando o Día da Poesía que se celebrou onte 21 de marzo, propuxemos dende o Concello este obradoiro didáctico sobre a poesía formulado dunha maneira práctica e lúdica, mediante a cal os nenos poden coñecer, explorar e crear poesía”.

 

Os obxectivos da actividade son estimular o amor pola poesía e a creación poética dun xeito lúdico, amosar a poesía e a súa relación con outras disciplinas artísticas, ensinar nocións teóricas básicas como o ritmo e a rima, reflexionar e aprender dos estímulos abstractos, fomentar a imaxinación e fomentar o traballo en grupo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.