Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 25 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP insta ó Goberno municipal a resolver os problemas de saneamento

Dende 2011 a 2017 o Concello non investiu con fondos propios en saneamento.

[Img #31398]

 

"De acordo coas proposicións, opinións e necesidades dos veciños, o PP de Salceda presentou ante o goberno municipal unha serie de propostas co fin de executalas co Plan de Concellos 2017 da Diputación de Pontevedra. Se hai uns días presentaban una proposta suxerindo a humanización da rúa Rosalía de Castro", nesta ocasión, o PP local incide na necesidade de executar diversas obras de saneamento. Dos case 400.000€ que como máximo lle corresponden a Salceda para inversións, o grupo municipal popular solicita ao Concello que “resolva os problemas de saneamento aplicando esta partida”.

 

Se ben é certo que o Consorcio do Louro ten competencia sobre estas obras, “O Concello tamén pode investir”, apunta Santiago Rodríguez Davila, voceiro do PP no municipio de Salceda. “Temos exemplos claros en concellos próximos, como é o caso de Porriño ou Mos”, aclaran desde o PP salcedense.

 

“Desde 2011 a 2017, o Concello, con fondos propios, non investiu nin un só euro para mellorar a rede de saneamento do municipio”, advirte Rodríguez Davila. Sen embargo, con fondos procedentes do Plan da Deputación de Pontevedra, “púdose facer o ramal  de saneamento en Castro Barreiro”. Por isto, os populares solicitan “que cos mesmos fondos resolvan o problema de saneamento no barrio do Outeiro, na parroquia de San Xurxo, onde se propón dotar a 13 vivendas e o cemiterio parroquial deste servizo básico de saneamento” . Os veciños xa se teñen reunido e solicitado o Alcalde esta mellora, pero para o rexedor a prioridade parece que non é o saneamento nin as parroquias, tal e como demostra a súa disidia hacia as mesmas, o non ter vontade de investir en equipamentos básicos.

 

Así mesmo, os populares o solicitaron, “para o lugar de Maceira-A Vadenca, en Parderrubias, outro pequeño ramal de saneamento, daría servizo a un grupo de vivendas considerable”. Finalmente, solicitan asimesmo que se teña en consideración calquer outro ramal de saneamento en diferentes barrios ou parroquias do Concello, como por exemplo o que se executou  en Castro Barreiro, citado anteriormente.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.