GALICIA
O comité das rexións debate sobre o futuro de Europa tras o Brexit
O director xeral Jesús Gamallo defende que o acordo Reino Unido-UE debe ter en conta os intereses da flota galega.
![[Img #31419]](upload/img/periodico/img_31419.jpg)
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, Jesús Gamallo participou na sesión plenaria do Comité das Rexións (CdR), onde defendeu que o acordo Reino Unido-UE debe ter en conta os interese da flota galega.
No marco do Pleno do CdR se convidou ás rexións a facer as súas achegas sobre como debe ser a UE do futuro tras o Brexit, todo a unha semana de que se inicien as conversacións de saída. Galicia estivo presente neste intercambio de opinións a través de Jesús Gamallo, ao que o Arco Atlántico acaba de encomendarlle a coordinación dun grupo de traballo específico sobre o impacto do Brexit nesta zona. O CdR pide que se respecte o principio dunha retirada ordenada e que se intensifique o diálogo cos gobernos locais e rexionais. Segundo as rexións, o Brexit non debería conducir ao desmantelamento do mercado único e das liberdades de circulación.
Ademais do Brexit, o CdR iniciou neste pleno un amplo proceso de reflexión sobre o futuro de Europa, que conducirá á aprobación en 2018 dun ditame elaborado polo presidente e o vicepresidente primeiro do Comité, como co-relatores. O proceso preparatorio incluirá unha serie de actos descentralizados con persoas de diferentes Estados membros, debates nas circunscricións locais e nas sesións plenarias en Bruxelas. O CdR considera ademais que a estreita cooperación co Parlamento Europeo sobre este tema é importante e necesaria, por iso é polo que os eurodeputados serán convidados aos plenos.
O Comité iniciou un amplo proceso de reflexión sobre o futuro de Europa, que conducirá á aprobación en 2018 dun ditame ao respecto
Neste contexto enmárcase o debate de hoxe, no que participaron, entre outros, os eurodeputados Guy Verhofstadt, ex primeiro ministro belga e relator do informe sobre posibles modificacións e axustes da actual configuración institucional da UE, e Jo Leinen, presidente do Movemento Europeo.
No pleno aprobáronse ademais outros ditames de interese para a nosa comunidade, como un sobre política alimentaria sustentable que xere emprego nas rexións e, sobre todo, o titulado “Estratexias de especialización intelixente (RIS3): repercusións para as rexións e a cooperación interrexional”, ao que Galicia presentou unha emenda reclamando unha mellor harmonización da xestión das axudas do programa H2020, cambio que foi aprobado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184