O PORRIÑO
Lucy´s Tire establece no Porriño o seu centro principal para España
A empresa amosa o seu interese polo plan de formación laboral do Concello durante a visita á mesma da alcaldesa e do concelleiro de Industria
![[Img #31422]](upload/img/periodico/img_31422.jpg)
A alcaldesa, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Industria, Marcelino Coto, visitaron a firma Lucy´s Tire, que terá no Porriño a súa planta principal en España.
Lucy's Tire, é unha empresa comercializadora de neumáticos, establecida nos Estados Unidos en 1985 que no ano 2000, logo de chegar a liderar a exportación do sector ao Centro e Sur de América e o Caribe, abre sete filiais no estado de Florida dando servizo, anualmente, a máis de 25.000 transportistas, converténdose nunha referencia nesta industria.
Os propietarios desta multinacional, José Ríos, natural de Galicia, e Lucy García Rios, de país galegos, deciden hai 4 anos abrir unha delegación en Galicia, concretamente en Pontevedra, fundando Lucy’Tire España, dirixida por Jeronimo Rios.
Logo de integrarse no mercado europeo, a empresa ven de dar un novo paso e investir no seu propio centro de servizo de Automóbiles e Camións no Porriño e, dende aquí, levar os seus produtos a toda a Península Ibérica.
A alcaldesa transmitiu ao presidente de Lucy’s Tire a súa satisfacción polo feito de que decidise radicar a central para España no Porriño, amosoulle a total colaboración do Concello e expúxolle os plans formativos, “orientados á creación de emprego”, impulsados dende o Goberno local e que veñen de cristalizar en diferentes acordos con empresas de varios sectores, plans nos que os responsábeis de Lucy’s Tire amosáronse interesados en canto facilitan a formación profesional de futuros empregados, baseados nas necesidades das diferentes empresas da área do Porriño.
Pola súa banda, o concelleiro de Industria sinalou que dende o Concello se fixera “todo o traballo” para que esta nova empresa se establecese no Porriño. Marcelino Coto subliñou que “axilizar e facilitar todos os trámites para que as empresas que queiran investir na vila e radicarse nela, é unha prioridade para o Goberno local” dado que supón máis riqueza, máis desenrolo e máis traballo, “obxectivos que son xa unha norma que este Goberno se ten marcado”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.223