Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 24 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda leva a Pleno o pago definitivo aos expropiados polo Raíña Aragonta

Someterase a votación plenaria a financiación a través dun préstamo para pagarlles aos sete propietarios/as afectados/as.

[Img #31430]

 

O Equipo de Goberno de Salceda de Caselas leva a un Pleno Extraordinario este venres a proposta de modificación orzamentaria para autorizar unha operación de crédito a longo prazo destinada ao pago dos terreos expropiados polo anterior Goberno do PP para a construcción do Parque Raíña Aragonta. Daquela, sete propietarios non aceptaron os 24,04 €/m2 que lles ofreceu o Concello e recurriron ao xustiprezo, que lles recoñeceu 201,06 €/m2, ratificado despois polo TSX de Galicia no ano 2013.


Dende aquela, o novo Goberno do Concello leva afrontado xa o pago de 327.101,99 €, aos que hai que sumarlles un novo pago de 127.101,99 € que se fará nos vindeiros días. As últimas sentenzas do TSX obrigan ao Concello a facer pagos en curtos períodos de tempo, o que pon en perigo a estabilidade orzamentaria do Concello, podendo causarlle serias dificultades á hora de manter servizos básicos para a cidadanía.

 

O Equipo de Goberno de Movemento Salceda, plantexa como a única opción a solicitude dun préstamo de 789.723,63 €, que permita que dunha vez por todas os/as propietarios/as poidan cobrar o que se lles debe, unha vez que os datos económicos do Concello permiten por vez primeira realizar esta operación. Ademais, o crédito suporía un importante aforro para as arcas municipais e, por conseguinte para a veciñanza, no referente aos xuros que está a supoñer a demora no pagos.  Así se lles trasladou nunha xuntanza aos propietarios/as, na que se lles informou dos pasos a dar para zanxar canto antes a situación.

 

A aprobación deste único punto da orde do día precisa contar con maioría simple, polo que os votos a favor do Goberno Municipal son suficientes para a aprobación e a solución definitiva.

 

Jose Luis González, Concelleiro de Facenda: “Estamos en condicións de solicitar a operación de crédito, xa que o nivel de débeda financeira do Concello se atopa nun 20,85% dos ingresos anuais, moi inferior ao 75% establecido por lei. Vai supoñer ademais un aforro importante en xuros de demora, polo que confiamos que o Pleno da Corporación non vai ter dúbidas á hora de permitir a súa aprobación”.

 

Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Este Goberno cumpre os seus compromisos, e así o imos a facer tamén cos expropiados do Raíña Aragonta. O venres decídese se dunha vez por todas poderán cobrar o que se lles debe, e dende o primeiro momento teñen o noso compromiso de voto favorable para que así sexa”.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.