MOS
Mos crea unha App gratuíta para que as comunidades de augas lle comuniquen ó Concello obras e averías
O vindeiro mes estará operativa e comezará a instalarse nos móbiles dos comuneiros.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Servizos, Camilo Augusto, e o edil de Vías e Obras mosense, Luis Alonso, informaron esta semana de que o Concello ven de reunirse con representantes de máis de 40 comunidades de augas de Mos (no municipio existen un total de 45 comunidades de augas).
O motivo da xuntanza foi presentarlles ás traídas unha aplicación móbil que o equipo informático da administración local está a deseñar para que os comuneiros poidan ter un diálogo fluído e continuo cos representantes municipais, sobre todo á hora de realizar obras e /ou comunicar averías, roturas, problemas de presión, cambios de directiva na comunidade de augas, etc…
Tratarase dunha ferramenta de contacto inmediato e en tempo real entre Concello e comunidades de augas mediante a que a administración local persegue o obxectivo de transmitirlles aos comuneiros que está para colaborar con eles en todo momento, pero tamén como unha ferramenta de control das actuacións e incidencias das comunidades, para evitar que lles supoñan un trastorno ou un problema aos demais veciños e veciñas.
Trátase dunha App totalmente gratuíta e de inslalación e uso obrigatorios por parte das comunidades de augas para comunicar os aspectos de relevancia relativos a cada unha delas. Ademais da ubicación e da incidencia ou obra que se comunique, a aplicación incluirá unha fotografía da mesma para máis exactitude e concreción. Toda esta información, unha vez incluída na aplicación por parte dos membros da traída, lle chegará inmediatamente aos concelleiros de Servizos e Vías e Obras e á Policía Local de Mos, que serán os encargados de xestionar a devandita App. Unha vez recibida a mensaxe da traída o Concello actuará á maior brevedade posible.
Cada comunidade de augas terá unha conta persoal na aplicación, cun nome de usuario e un contrasinal propios para acceder á mesma. A través dela poderán comunicar en tempo e forma ao Concello as súas obras, averías, incidencias, etc. O Concello atópase actualmente elaborando un Padrón municipal de traídas de augas.
Os representantes municipais destacan a importancia desta aplicación dado o enorme número de comuneiros de augas existentes en Mos. A App poderana ter instalada nos seus teléfonos móbiles tantos membros da comunidades de augas coma o desexen, e será obrigatorio que a teña alomenos un de cada comunidade. A comunicación das averías e obras a través desta aplicación será obrigatoria e a non comunicación implicará sanción.
Espérase deste xeito obter unha maior coordinación entre Concello e comunidades de augas, así como evitar problemas á veciñanza cando se producen incidencias nos viais municipais.
Como xa se dixo, o equipo informático do Concello de Mos está a traballar no deseño da App, que estará lista o vindeiro mes de abril, que será cando se convoque nas dependencias municipais a un representante de cada traída para instalarlle a aplicación e explicarlle os seus instalación e funcionamento para que lla poida poñer tamén ao resto de membros da súa comunidade que o desexen.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158