PROVINCIA
A Xunta entrega unha nova vivenda en Vigo en réxime de alugueiro social
Publicáronse tamén as listas correspondentes ao procedmento de adxudicación de seis vivendas rehabilitadas no Casco Vello.
A Xunta entregou unha nova vivenda a unha familia de Vigo en réxime de alugueiro social, despois de asinarse o contrato de alugueiro da mesma. Trátase dunha vivenda cedida por Sareb á Consellería de Infraestruturas e Vivenda para destinala a familias en situación de extrema necesidade ou afectados por desafiuzamentos.
Por outra parte, o Goberno galego publicou onte as listas provisionais de admitidos e excluídos en dous procedementos de adxudicación de vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo, participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia. (http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/600).
Trátase dunha vivenda cedida por Sareb e adxudicada a unha familia afectada por un desafiuzamento
As listas corresponden a seis vivendas emprazadas en dous edificios da rúa Ferrería.
Dúas das vivendas están situadas na rúa Ferrería 10-12. Ambas dispoñen dunha superficie de 56,79 metros cadrados ademais dun rocho, e o prezo de venda vai de 90.000 a 95.000 euros.
As outras catro vivendas emprázanse en Ferrería 45-47, con superficies dende 55 a 109 metros cadrados e prezo de venda entre 83.000 e 175.000 euros.
![[Img #31480]](upload/img/periodico/img_31480.png)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149