SALCEDA DE CASELAS
Salceda contrata a trece persoas en situación de desemprego
![[Img #31494]](upload/img/periodico/img_31494.jpg)
O Concello de Salceda contratará, dende o vindeiro venres 31 de marzo e ata o 31 de decembro, un total de 13 veciñas e veciños en situación de desemprego ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
As prazas que se van cubrir, son as de 1 animador sociocultural, 1 orientadora profesional para a inserción, 2 albaneis, 4 persoas de limpeza, 2 desbrozadores, 1 condutor de camión, 1 administrativa e 1 técnica de administración local. Segundo o previsto, os contratos irán dende o 31 de marzo ata o 31 de decembro de 2017.
A Concelleira de Formación e Emprego e primeira tenente de alcalde do Concello de Salceda, Loli Castiñeira, sinalaba a importancia desta nova quenda de contratacións “que contribuirán a paliar a dura situación que viven moitos dos nosos veciños e veciñas que están en situación de desemprego”.
Por outra banda, as contratacións servirán para dar cobertura ás demandas da veciñanza, cubrindo as necesidades dos servizos básicos xestionados dende o propio Concello, tanto dentro como fora das instalacións municipais.
O Equipo de Goberno destacou a transparencia de todo o proceso, así como a igualdade de oportunidades. Mostra delo é que das 13 persoas contratadas solo unha traballou previamente no Concello de Salceda, sendo as 12 restantes a primeira ocasión en que teñen oportunidade de formar parte da plantilla municipal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149