Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 29 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

Tui e Oroso intercambian experiencias sobre os camiños xacobeos

Esta semana o alcalde visitou o municipio orosán, e unha delegado do mesmo achegarase proximamente ao municipio tudense.

[Img #31498]

 

Intercambiar experiencias sobre a recuperación, sinalización e promoción do Camiño Xacobeo foi o obxectivo da visita que onte realizaron ao Concello de Oroso o  alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e a concelleira de Urbanismo e Facenda, Yolanda Rodríguez Rodríguez. Foron recibidos polo alcalde orosán, Manuel Mirás Franqueira, e os concelleiros de Cultura, Luís Rey Villaverde; Turismo, Vanesa Boo Martínez; e Obras, Eduardo Veiras Rey.


Tui é o punto de partida do Camiño Portugués en Galicia e Oroso forma parte do traxecto do Camiño Inglés. Ambos mandatarios abordaron as potencialidades que o paso do camiño ten polos seus municipios ao tempo que coincidiron en problemas coma os da deficiente sinalización, aos que hai que buscarlle a mellor solución posible.  Enrique Cabaleiro apuntou que “sempre é importante intercambiar vivencias sobre os Camiños de Compostela, tanto en Oroso como en Tui. Queremos que este nexo se consolide porque os Camiños de Santiago son fundamentais para o desenvolvemento económico, social e cultural de ambas vilas”. Mentres o alcalde de Oroso, Manuel Mirás indicou que “con este tipo de intercambios de experiencias entre o Camiño Inglés e o Camiño Portugués estamos facendo máis grandes ambos Camiños” e confirmou que Oroso devolverá a visita para coñecer sobre o terreo as características do Camiño Portugués.


Na visita percorreron varios tramos do Camiño Inglés ao seu paso por Oroso, en concreto no lugar de Baxoia e na entrada de Sigüeiro, polo paseo do Río Carboeiro. Así mesmo, tiveron a ocasión de coñecer emprazamentos como o castro de Vilalbarro ou a Fonte da Santiña, antes de visitar o Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés, CEICI, onde puideron ver o traballo que se desenvolve nesta entidade dirixida por Cristóbal Ramírez e distinguida cun dos galardóns dos Premios Camiño de Santiago 2016, convocados por Turismo de Galicia.


 O CEICI, emprazado no centro cultural de Sigüeiro, é unha iniciativa do Concello de Oroso dirixida a investigadores sobre o Camiño Inglés, xa que conta cun importante fondo bibliográfico e audiovisual sobre esta ruta Xacobea. Ramírez explicou que “o obxectivo é converter ao CEICI no referente en todo o que sexa investigación sobre o Camiño Inglés”. Así, explicou que o centro orosán conta con máis de 200 documentos, case un milleiro de  fotografías de alta definición e vídeos curtos sobre a materia que están a disposición dos investigadores de maneira gratuíta. Así mesmo, o Concello de Oroso realizou unha selección de informacións en revistas e xornais sobre o Camiño Inglés, que foron catalogadas e ás que se pode ter acceso no local no centro cultural de Sigüeiro.


Ramírez explicou á delegación tudense as distintas accións promocionais que se desenvolven dende o CEICI para buscar a súa proxección tanto internacional, como o Certame Internacional do Camiño Inglés, como local, coas unidades didácticas sobre ilustres peregrinos repartidas entre o alumnado de Oroso ou o Punto de Información ao Peregrino na piscina municipal. Ademais, adiantou que “queremos facer un curso de verán dentro da UIMP, cuxa xestión está bastante avanzada”.


A delegación tudense levou como agasallo unha selección de dípticos, trípticos e folletos informativos sobre o Camiño Inglés, realizados tanto polo Concello de Oroso como pola Deputación da Coruña. Tras asinar no Libro de Honra do CEICI, o alcalde de Tui aproveitou para convidar á delegación orosá a visitar o Camiño Portugués ao seu paso pola localidade tudense.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.