GALICIA
Galicia súmase ás principais capitais europeas para facer da artesanía a protagonista a vindeira fin de semana
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, colabora nos Días Europeos da Artesanía co apoio a diferentes proxectos que se organizan en numerosas localidades galegas.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria participa nos Días Europeos da Artesanía que se celebran desde o 31 de marzo ata o 2 de abril, con diferentes actividades na nosa comunidade. Trátase dunha iniciativa promovida a nivel nacional pola Fundación Española para la Innovación de la Artesanía (Fundesarte) e na que a Xunta de Galicia colabora por sexto ano consecutivo, baixo a que terán lugar toda unha serie de eventos relacionados co sector artesán.
Inspirada nas Journées des métiers d’art, desenvolvidas en Francia desde 2002, a convocatoria pretende obter unha participación cada vez máis ampla de países da Unión Europea. Preto de vinte países tomarán parte este ano na celebración: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Francia, Hungría, Estonia, Grecia, Italia, Lituania, Luxemburgo, Reino Unido, Letonia, Suíza, Países Baixos, Polonia, Romanía, Portugal e España.
Talleres gratuítos, demostración de oficios, exposicións e aperturas de obradoiros artesanais ao público conforman o marco de actividades que se desenvolverán dende o venres e ata o domingo nas catro provincias galegas
Galicia conta con máis de 35 accións inscritas nos Días Europeos da Artesanía e, xunto con Madrid e Andalucía, é das comunidades cunha oferta maior de actividades, como a que terá lugar na Coruña, Oficios en acción, unha iniciativa de carácter participativo relacionada con catro oficios artesanais, organizada pola Asociación Galega de Artesáns, en colaboración coa Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Este ano os talleres estarán relacionados coa xoiería, a cerámica, a cestería e o téxtil da man dos obradoiros Plata Nativa, Terralume, Idoia Cuesta e Marina Seoane. Celebraranse os días 1 e 2 de abril, na zona do Obelisco pero en caso de choiva, trasladaranse á Fundación Luis Seoane.
Encontros sectoriais como o de ceramistas que se celebra a fin de semana fronte á Casa do Concello de Gondomar, os encontros de palilleiras de Cervo e Portonovo, a exposición fotográfica sobre os oficios e obradoiros de artesanía para nenos e nenas organizados na sede de Afundación en Pontevedra, a apertura de portas de centros de formación como a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, a sede do obradoiro da Asociación de familias de persoas con parálise cerebral, APAMP, tamén na localidade olívica ou o Castelo de Vimianzo, as rutas de obradoiros abertos aos visitantes que promove a Deputación de Lugo, ou os máis de vinte talleres das catro provincias galegas que acollen diversas actividades, conforman unha gran oferta para os amantes da artesanía e a oportunidade de achegarse ao día a día dos profesionais deste sector.
Toda a información, horarios e localización destas actividades poden ser consultadas na páxina web www.diasdelaartesania.es

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184