Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 01 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Mais do 60% do espazo libre de Ponteareas está reservado ao coche

Segundo o estudo de mobilidade que está a realizar a Deputación para o Concello.

O equipo redactor do Estudo de Mobilidade vai celebrar un acto ao longo de todo o venres 31 para facer públicos os primeiros datos sobre o uso do espazo libre no centro urbano de Ponteareas. Na xornada entrevistarase a representantes de asociacións e colectivos da vila estando abertas as portas a toda a veciñanza.

 

De dito traballo, desprendese que mentres case o 61%  do espazo libre do casco urbano de Ponteareas está reservado para o automóbil (ao seu tránsito e estacionamento),  un 22%  está ocupado por beirarruas e o 17% restante  composto por espazos de estancia (parques e prazas).

 

Segundo o padrón municipal, en Ponteareas hai aproximadamente un coche por cada dúas persoas, o que supón que no centro da vila habería aproximadamente uns 3.200 coches de residentes, existindo 2.800 prazas de aparcadoiro en edificios e máis de 1.200 nas rúas (ademáis doutras case 700 prazas en aparcadoiros temporais). Neste mesma área central ubicanse tamén máis de 150 locais comerciais e de alimentación.

 

 

 

 

O venres 31 realizarase unha xornada de información e participación cidadá no salón de plenos do Concello

 

 

 

 

O Estudio, encargado dende o Servizo de Mobilidade da Deputación de Pontevedra que dirixe Uxio Benitez, tamén revela que o 80% das beirarrúas non son accesibles, a maioria por non cumprir co ancho mínimo de circulación peonil e outras pola súa excesiva pendiente.

 

Na análise previa destacase a potencialidade do nucleo urbano da vila xa que a densidade poboacional de Ponterareas supón que os aproximadamente 6.000 veciños que viven no centro poidan percorrer todo o area central en menos de dez minutos.

 

O estudo de mobilidade está a ser realizado polo Estudio MMASA, redactores do proxecto 'Ponteareas, Hábitat Saudable' que foi seleccionada na primeira convocatoria dos fondos FEDER realizada polo Ministerio de Facenda. Dese xeito, o Estudio de Mobilidade aliñase coa Estratexia de Desenvolvemente Urbano Sostible e Integrado na que Ponteareas vai recibir 5 millons de euros para investir, entre outras, na mellora da Mobilidade Sostible.

 

O Concello habilitou o enderezo de correo electrónico mobilidade@ponteareas.gal para que a veciñanza que non poida asistir faga chegar os seus comentarios.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.