PROVINCIA
O Diario Oficial de Galicia publica a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Soutomaior
Este documento que entrará en vigor, aos 20 días da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, pon en valor os espazos públicos e o patrimonio natural e paisaxístico do concellos.
O Diario Oficial de Galicia publicaba esta semana (http://bit.ly/2nlG7nw) a orde pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio outorga a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Soutomaior e que entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. A aprobación desde instrumento de planemanto representa un importante avance para o concello, que ata o momento carecía de planeamento propio e rexíase polas Normas subsidiarias de planeamento municipal do ano 1989, aprobadas hai case tres décadas.
O novo planeamento de Soutomaior pon en valor o patrimonio natural e paisaxístico do concello, pois máis do 80 por cento do termo municipal cualifícase como solo rústico maioritariamente de especial protección; e contrarresta o déficit de espazos públicos e zonas verdes de dominio e uso público. Ademais, estrutura os 29 núcleos rurais delimitados en base á parroquia como institución básica de ordenación completada pola figura dos barrios, que agrupan diversos asentamentos próximos entre si.
Por outra banda, o novo PXOM –no que a Xunta colaborou con máis 87.000 euros- elimina os usos inadecuados nas distintas clases de solo, así, se incorporarán novos usos potenciando a oferta hoteleira e reducirase o solo industrial co obxectivo de adaptalo á demanda real e ás posibilidades de xestión municipal. No caso concreto da vila de Arcade, o solo industrial eliminarase por completo por contar con escasas opcións de crecemento e atoparse nunha situación de abandono.
Acadar a aprobación do plan xeral supón un claro avance para o municpio que, ata o de agora, se rexía polas normas subsidiarias de planeamento municipal, vixentes dende hai case tres décadas
Outro dos puntos relevantes do novo planeamento é que serán aprobados 6 ámbitos de solo urbanizable delimitado, un deles constituía un asentamento xurdido á marxe do planeamento que o PXOM regulariza ao abeiro da disposición transitoria 13ª da LOUG. Tamén quedarán perfectamente identificados e delimitados os dous núcleos urbanos que son Soutomaior e Arcade.
O terceiro PXOM aprobado na actual lexislatura
Co plan xeral de Soutomaior, xa son 3 os plans xerais de ordenación municipal que se aproban na actual lexislatura e 61 aprobados por este Goberno. Ademais, con Soutomaior suman xa 94 os concellos que dispoñen de PXOM actualizado e de calidade.
A tramitación dun PXOM é un traballo longo e nada sinxelo, pero o Concello de Soutomaior logrou aprobalo na metade de tempo -3 anos e 4 meses, cando a media está arredor dos 6.
Simplificar os trámites administrativos é parte do compromiso do Goberno galego cos concellos, por iso, ademais de aprobar o regulamento da Lei do Solo só seis meses despois da entrada en vigor desta norma -para dotar aos concellos de instrumentos sólidos e de seguridade xurídica-, creouse o informe único autonómico, que evita que os concellos teñan que solicitar informes sectoriais por separado e, ademais, fixa nun prazo de 3 meses para informar e entende o silencio administrativo como positivo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149