Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 31 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán ofrece esta semana nos colexios públicos do municipio un obradoiro de regueifas

A actividade, enmarcada na programación municipal do ano Casares e dirixida aos alumnos de 5º e 6º de primaria, comezou onte cos colexios de Mallón, Humberto Juanes e Da Cruz e remata hoxe no Carlos Casares.

[Img #31548]

 

O Concello de Nigrán iniciou onte os obradoiros de regueifas dirixidos a tódolos escolares de 5º e 6º de primaria dos colexios públicos de Educación Primaria e enmarcados na programación municipal do 'Ano Casares'. Estes arrancaron onte co CEIP Humberto Juanes, Mallón e Da Cruz (Camos) e rematará hoxe no Carlos Casares de Vilariño. Os mestres encargados de levar adiante esta actividade  son Luís Caruncho, que é músico, gaiteiro, zanfonista e regueifeiro, e Pinto de Herbón, dous dos máis afamados artistas regueifeiros de Galicia e especializados no traballo con cativos e en obradoiros de improvisación.

 

O Concello, a través do Servizo de Normalización Lingüística, planificou a actividade tendo en conta os intereses dos docentes, que manifestaron o seu interese en levalos adiante porque o alumnado desta idade pode adquirir certas capacidades que lle van servir para o seu desenvolvemento social. Por unha banda practican a lingua oral, que é un dos compoñentes máis relevantes no proceso de adquisición de linguas, xa sexa da materna ou dunha segunda; por outra banda traballan a creatividade, a rima, o ritmo e a métrica, e, finalmente, faise unha posta en valor a tradición oral da cultura galega.

 

 

 

 

"Con esta actividade reforzamos o noso compromiso co galego dun xeito lúdico e creativo ao tempo que pomos en valor a nosa tradición oral", explica o alcalde, Juan González

 

 

 

 

"Con esta actividade reforzamos o noso compromiso co galego dun xeito lúdico e creativo ao tempo que pomos en valor a nosa tradición oral", explica o alcalde, Juan González.

 

A regueifa é un desafío oral improvisado en verso de orixe ancestral. As súas claves son a rapidez e a espontaneidade, xa que carece de interludios musicais e de pausas, pero sobre todo nútrese de enxeño, porque é o que fai que o público se entusiasme coa capacidade de saír airosos dos envites máis agudos en décimas de segundo e de forma totalmente improvisada, como se fosen prestidixitadores da lingua.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.