Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 01 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Policía Local de Ponteareas colaborou na campaña da DXT sobre o uso do cinto de seguridade

Os axentes ponteareáns destacan o alto grao de cumprimento da normativa de seguridade por parte dos condutores/as do municipio.

[Img #31556]

 

A Policía Local de Ponteareas, que dirixe a concelleira Vanesa Fernández Soage, desenvolveu, entre os días 13 e 19 de marzo, diversos controis que tiñan como obxectivo concienciar a condutores e condutoras da necesidade de utilizar o cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil nos vehículos.


No tempo que duraron estes controis, que formaban parte do convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT), informouse aos condutores/as e ocupantes dos vehículos, da necesidade de utilizar o cinto de seguridade. Ao mesmo tempo, nos coches nos que viaxaban nenos pequenos, os axentes controlaban a correcta colocación dos sistemas de retención infantil e informaban a nais e pais dos riscos da mala utilización dos mesmos.


Se ben os axentes da Policía local ponteareá tiveron que realizar a correspondente denuncia contra os condutores/as que non levaban posto o cinto, o certo é que a valoración feita pola propia Policía “é moi positiva” xa que, segundo sinalou a concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, “puideron constatar que a maioría dos condutores e condutoras respectan as normas de utilización do cinto de seguridade”.


Este feito, engade Vanesa Fernández, “amosa a utilidade das campañas que, por parte da Policía Local estanse a desenvolver sobre a seguridade nos vehículos”. Nese sentio, a concelleira de Tráfico lembraba a “boa resposta” que tivo a charla impartida pola Policía Local sobre os sistemas de retención infantil.

 

Interceptado un condutor que triplicaba a taxa de alcoholemia
Na mañanciña do 19 de marzo, axentes da Policía Local interceptaron a un condutor que triplicaba a taxa de alcoholemia. Os feitos aconteceron ao redor das 8:00 horas, cando os axentes observaron que un vehículo realizaba una manobra antirregulamentaria , polo que procederon á detención do vehículo e á identificación do seu condutor.


No momento da identificación, os axentes observaron que o condutor presentaba síntomas evidentes de estar baixo os efectos do alcohol, polo que procederon a realizarlle a correspondente proba que daba un resultado de máis de 0,60 mg/l, o que case que triplicaba a taxa permitida. Os axentes instruíron dilixencias penais, polo que o condutor tivo que comparecer no xulgado para un xuízo rápido.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.