MOS
Mos da cobertura a preto de 60 usuarios do Servizo de Axuda no Fogar
A asistencia a persoas dependentes nos seus domicilios é unha prioridade para o goberno local.
![[Img #31557]](upload/img/periodico/img_31557.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, reuníronse onte pola tarde cunha ampla representación dos traballadores/as do SAF mosense. En total son 42 asistentes a domicilio as persoas que prestan o Servizo de Axuda no Fogar na localidade mosense nas súas dúas modalidades: Dependencia e Básica.
A empresa concesionaria do servizo destina a Mos un total de 30 traballadores/as para a asistencia á Dependencia e 12 traballadores/as á asistencia Básica.
A xuntanza de onte tiña por obxecto, segundo explicaron as representantes municipais “agradecerlles por parte do Concello a estes/as traballadores/as o agradecemento polo seu magnífico e profesional traballo, e por ser a imaxe e a representación municipais nos domicilios dos usuarios aos que atenden”. Ademais de para felicitalos polo seu labor, esta mesa de traballo cos asistentes domiciliarios do SAF, pretendía ser un encontro cercano para mellorar, na medida do posible, o servizo. Para elo rexedora local e edil de Política Social recolleron unha folla de suxerencias dos propios traballadores/as, xa que “ninguén mellor que eles para dicirnos como mellorar o servizo”, aseguraron Arévalo e Cebreiro.
Durante o 2016 o SAF de Mos prestou asistencia a 59 usuarios realizando unha media de 3.384 horas ao mes que supuxeron un total de 40.608 horas ó ano. Por outra banda a asistencia Básica prestou aos 12 usuarios aos que atende actualmente un servizo de 245 horas en total o pasado mes de febreiro, que implicarían 2.940 horas ao ano, aínda que o departamento municipal de Servizos Sociais estima que no 2017 alcanzaranse as 3.800 horas de prestación de asistencia Básica.
O ano pasado, respecto do 2015, a consellería de Política Social da Xunta de Galicia concedeulle ó Concello 396 horas máis ó mes (un total de 4.752 horas máis ó ano) do Servizo de Axuda no Fogar para persoas valoradas en situación de dependencia (SAF), a maiores das que xa dispoñía ata ese momento.
Gracias a esas preto de 400 horas mensuais a maiores déuselle servizo a 6 veciños máis en situación de dependencia, dos cales 4 pertencen á categoría de grado 3 e 2 ó grado 2 de dependencia. Estas 6 persoas beneficiarias eran as de máis alta situación de dependencia de entre as integrantes da lista de espera para o SAF en Mos.
Os beneficiarios deste servizo son preferentemente persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu contorno inmediato, así comoi fogares con menores nos que se observa necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. O Servizo de Axuda no Fogar tamén dá unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias mosenses en risco de exclusión social.
Este servizo cobre asistencias ós beneficiarios nos seus respectivos domicilios tales coma atencións de carácter persoal na realización de actividades básicas na vida diaria, atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, atencións de carácter psicosocial e educativo e, con carácter complementario, este servizo tamén incorpora outros tipos de atención como actividades de acompañamento, prestación de atención a distancia, adaptacións funcionais do fogar, servizo de podoloxía e servizo de fisioterapia.
O SAF ten por obxecto prestarlles un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia, favorecendo a súa calidade de vida e evitando ou retardando a súa posible institucionalización. Os obxetivos do Servizo de Axuda no Fogar son mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social; previr situacións de dependencia ou exclusión social, retardar ou evitar a institucionalización e reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180