Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 30 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

Tui e Valença abrazan o río Miño

Está mañá celebrouse un acto na vella Ponte Internacional para celebrar o Día da Auga, o 131 aniversario da ponte e o quinto da Eurocidade.

[Img #31567]

 

A vella Ponte Internacional que une Tui e Valença foi esta mañá o escenario dun acto organizado cun triplo motivo. Por unha banda celebrouse o Día Mundial da Auga e facer unha chamada de atención sobre a súa importancia e conservación, por outra conmemorar o 131 aniversario desta infraestrutura así coma o quinto da constitución da Eurocidade Tui-Valença. Os protagonistas foron un millar de escolares de Infantil e Primaria dos centros educativos de Tui e Valença que deron o primeiro “Abrazo ao río” coma figuraba nas camisetas de cor azul que todos levaban. Estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino, María José González, os concelleiros de Patrimonio, Carmen Núñez, e de Medio Ambiente, José Martínez Tato, e a vereadora de Educación de Valença, Elisabete Domingues.


Ambas delegacións atopáronse no medio da ponte onde soou unha canción sobre o río, que os cativos interpretaron de xeito conxunto, e por parte da EB de Valença fixeron entrega á concelleira de Cultura, María José González, dunha “trapicheira”.  Como remate tivo lugar a solta simbólica de 131 pombas.


A Vella Ponte Internacional supuxo un fito histórico nas relacións entre as poboacións que hoxe celebran a súa cooperación internacional coa Eurocidade Tui-Valença.  Erixida coma unha das maiores obras de enxeñería da época, a ponte foi proxectada polo enxeñeiro Pleayo Mancebo y Agreda e inaugurada oficialmente o 25 de marzo de 1885, substituíndo as barcazas que servían para comunicar as dúas beiras do Miño.  Na súa construción empregáronse máis de 1.500 toneladas de ferro e a pedra dos piares chegou dende de Lanhelas, Portugal.

 

[Img #31566]

Pero sen dúbida, a súa maior singularidade é a de estar concibida para un triplo uso: peonil, rodado e de ferrocarril, uso que aínda hoxe mantén.  Aínda que coa construción da nova Ponte Internacional perdeu tráfico rodado, hoxe é o camiño natural de unión da poboación da Eurocidade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.