MOS
O mércores operativa a Tarxeta de Transporte Metropolitano no Bus Urbano de Mos
Os viaxeiros deberán acceder ao servizo portando esta tarxeta ou ben a Tarxeta Xente Nova cando se trate de veciños/as menores de 19 anos.
![[Img #31601]](upload/img/periodico/img_31601.jpg)
A concelleira de Mobilidade do Concello de Mos, Kely Monzón, informa de que o vindeiro mércores será plenamente efectiva a integración do Bus Urbano de Mos no Transporte Metropolitano, xa que nesa data xa estarán instaladas e en funcionamento nos autobuses mosenses as máquinas canceladoras adaptadas á Tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia.
Por iso a concelleira e a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, animan a tódolos veciños e veciñas a facerse a súa propia Tarxeta de Transporte Metropolitano pola que só pagarán 0,85 € por viaxe. Así mesmo animan aos menores de 19 anos a facerse coa Tarxeta Xente Nova, coa que as viaxes sairanlles totalmente gratis, tanto no transporte urbano coma no metropolitano. Os mozos e mozas que emitan esta Tarxeta Xente Nova terán que pagar por adiantado un número de viaxes que de contado lle será reintegrado pola Xunta de Galicia.
Para pedir as Tarxetas de Transporte Metropolitano e Xente Nova os mosenses interesados poden dirixirse ás oficinas de ABANCA de Puxeiros ou da Rúa Ramón Gonzalez en O Porriño.
Tarxeta Xente Nova
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas.
Poden utilizala os mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Unha vez cumpridos os 19 anos pódese seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.
Para recibir a bonificación das viaxes pagadas por adiantado só é necesario introducir a tarxeta en calquera caixeiro ABANCA e automaticamente recibirán o aboamento das viaxes realizadas. Todas as viaxes interurbanas reembolsaranse cada 15 días, ata un máximo de 60 viaxes mensuais. O importe dos reembolsos cargaranse segundo a tarifa aplicada en cada momento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180