Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 03 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas acolle a exposición "De Pontevedra a Río 2016"

A mostra foi inaugurada pola deputada provincial Chelo Besada e pode verse no primeiro andar da casa do Concello durante dúas semanas.

[Img #31583]

 

A casa do concello de Ponteareas acolle a exposición fotográfica da Deputación de Pontevedra "De Pontevedra a Río 2016" coa que a institución provincial quere renderlles homenaxe aos e ás deportistas da provincia que participaron na última edición tanto dos Xogos Olímpicos coma dos Xogos Paralímpicos. A mostra foi inaugurada pola deputada provincial de Deportes, Chelo Besada, coa asistencia do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e varios membros da corporación municipal.


A exposición recolle o palmarés dos e das 16 deportistas olímpicos, olímpicas e paralímpicos e paralímpicas da provincia de Pontevedra, en paneis individuais onde se poden ver as súas traxectorias. Os 16 de "Río 2016" son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.