PROVINCIA
A Deputación prevé realizar actuacións de calmado de tráfico e de pintado nas estradas provinciais de Ponteareas
Xa remataron os traballos para tapar as fochancas da estrada EP-2703, na que a empresa COVSA realizou unha roza da maleza entre os días 8 e 17 deste mes.
![[Img #31597]](upload/img/periodico/img_31597.jpg)
A Deputación de Pontevedra prevé realizar esta primavera unha vintena de actuacións de calmado de tráfico e de pintado en todas as estradas provinciais do Concello de Ponteareas. As actuacións de mellora corresponden a varios plans de actuación que están orzamentados só para este concello do Condado en máis de 110.000 euros.
Ao abeiro do Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (MÓVESE) o Concello de Ponteareas recibirá un total de dez pasos de peóns sobreelevados e cinco redutores físicos de velocidade que se instalarán nas estradas de Ponteareas-Guillade, Celeiros-Oliveira, Confurco-Couso, Areas-Alxán-Cabreira, Ponteareas-As Neves, así como tamén na estrada compartida co Concello de Pazos de Borbén. Estas actuacións están na última fase de contratación e permitirán unha mobilidade sostible e segura para os colectivos máis vulnerables que transitan por elas, xa que obrigarán ás e aos condutores a reducir a velocidade tanto con elementos físicos como coa correspondente sinalización de zonas 30. A súa execución realizarase entre a primavera e principios do verán.
En canto á sinalización horizontal, pintaranse máis de 45 quilómetros de liñas lonxitudinais nas estradas Celeiros-Oliveira, Confurco-Couso, Areas-Alxán-Cabreira, así como no acceso á igrexa de Guláns, e na estrada Pazos-Ponteareas. O cronograma de actuacións iniciarase nas vindeiras semanas. Este pintado de vías forma parte dun plan integral para toda a provincia que conta cun investimento de 1,7 millóns de euros para a mellora de 2.577 quilómetros de sinalización. En total actuarase en 226 estradas, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede de vías de titularidade provincial, e que pretende mellorar un déficit histórico. O plan porase en marcha agora logo de meses de traballo por parte do persoal técnico provincial.
A estes traballos súmanse as rozas que se están a realizar de xeito periódico e puntualmente de cara á Semana Santa e ao verán. Por outra banda, tamén está previsto poñer en marcha este ano un plan xeral de rehabilitacións de firme para toda a provincia. As técnicas e técnicos que supervisan as estradas están a realizar un análise das prioridades de actuación para detectar os defectos existentes nas capas de rodamento da rede provincial e planificar unha liña de actuacións que tamén incluirá ao Concello de Ponteareas.
En canto á EP-2703 entre Pazos e Ponteareas, a Deputación quere aclarar que desde o 8 ao 17 deste mes a empresa Covsa, contratada de xeito externo, realizou unha roza completa da vía con motoniveladoras e diferente maquinaria. Así mesmo, durante os últimos días realizáronse traballos por parte das brigadas para tapar as fochancas existentes. Todas as actuacións estaban planificadas desde hai semanas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149