Jueves, 25 de Septiembre de 2025

Xornal21
Lunes, 03 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Ábrese o prazo para a contratación de 52 persoas no Porriño

Serán contratos laborais a tempo completo ata finais de ano

O Concello do Porriño, por medio da Concellería de Emprego, que dirixe Soledad Girón, contratará, ata finais deste ano, a 52 persoas para realizar diferentes traballos a tempo completo.


As bases que deben cumprir as interesadas e interesadas en estes empregos xa están a dispor do público no propio Concello e establecen que o prazo para poder optar aos mesmos que se abrirá o luns, día 3 de abril. A continuación será a Oficina de Emprego a que faga unha preselección entre as persoas anotadas nesta oferta.
Aquelas veciñas e veciños do Porriño que queiran desempeñar algún destes traballos deberán ter a condición de demandantes de emprego, tendo prioridade, como establece a lei, as vítimas de violencia machista, maiores de 45 anos, parados de longa duración, en risco de exclusión, e familias monoparentais con persoas a cargo.


A concelleira de Emprego estima que o proceso de selección terá unha duración dun mes e os contratos laborais se asinarán a finais de abril para que se extendan dende o primeiro día de maio ata o vindeiro 31 de decembro.


Os postos a cubrir son: 1 conserxe en quenda de tarde para o Centro de Formación de Torneiros; 6 oficiais de Primeira de albanelería, 12 peóns de obra pública, 1 oficial de Primeira  de carpintería, 1 oficial de Primeira de fontanería, 1 oficial de Primeira electricista especializado en mantemento e reparación en xeral, 1 oficial de Primeira Ferreiro ou ferreira e un condutos, ou condutora, de camión e pa escavadora con permiso de conducir Tipo C, todos eles coma persoal de apoio ao servizo de obras na conservación, mellora e protección de dependencias e recursos municipais.


Ademais se seleccionarán, para o Servizo de Parques e Xardíns e Limpeza: 1 operario ou operaria de vehículo de limpeza viaria, 6 xardineiros ou xardineiras, 16 peóns de limpeza, 1 condutor, ou condutora, de tractor desbrozadora, 2 pintores de Primeira de bandas sobre vías urbanas e estradas.


Así mesmo, se contratarán, para apoio ao servizo da Unidade Asistencial a Drogo-dependentes, 1 enfermeiro ou enfermeira, e 1 conserxe para o Servizo de Deportes.


Esta iniciativa, unha das impulsadas polo Goberno local no eido da formación e creación de emprego, conta cun orzamento total de 608.000€, dos cales o Concello achega uns 371.000 e case 237.000 a Deputación de Pontevedra con cargo ao ‘Plan Concellos 2017’.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.