Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 04 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
Provincia

A campaña de turismo Rías Baixas 2017 "Moito por descubrir" chega este mércores a Madrid

Carmela Silva presentará ante medios especializados e operadores turísticos estatais os reclamos turísticos da provincia neste ano 2017

[Img #31679]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentará este mércores día cinco en Madrid a campaña "Moito por descubrir. Rías Baixas por moitas razóns" coa que se promoverá a provincia como destino turístico ao longo de 2017. O acto terá lugar as 13:30 horas, na sede madrileña da Sociedade Xeral de Autores (SGAE), ante os medios de comunicación especializados e operadores turísticos da capital.

 

O evento contará coa presentación por parte da presidenta da Deputación, Carmela Silva, de todo o proxecto promocional e terá tamén a participación da alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, que informará sobre as celebracións con motivo da Cidade Europea do Viño na súa localidade como referente do enoturismo na provincia.

 

Pola súa banda, os promotores dos Festivais Rías Baixas, que estarán presentes no acto, adiantarán a maioría das actuacións nos seus respectivos carteis. Ademais proxectaranse os vídeos sobre os camiños de Santiago ao seu paso pola provincia, sobre Cambados e o enoturismo, e sobre os propios Rías Baixas Fests, e o evento rematará coa actuación en directo ao piano de Teo Cardalda. Como novidade tecnolóxica cómpre subliñar que os presentes poderán visualizar os vídeos con gafas VR e todo o acto será filmado cunha cámara de 360º.

 

A campaña "Moito por descubrir" centra este ano as "razóns" de promoción de Rías Baixas no enoturismo, os festivais musicais, a excelencia turística e a ampla oferta das variantes do Camiño de Santiago que pasan pola provincia de Pontevedra e a nosa contorna natural como un destino para descubrir.

 

Así, Cambados como Capital Europea do Viño, será o referente do enoturismo, coas rutas de visitas de bodegas e viñedos, as catas comentadas de caldos, a innovación na xestión de viñedos e bodegas ou o recoñecemento da muller no mundo do viño.

 

As variantes do Camiño portugués a Santiago, o tradicional que pasa por Tui, ou o da Costa que percorre desde A Guarda ata Pontevedra, a Vía da Prata, ou o Camiño de Inverno que pasa por Lalín, pasando pola ruta do Padre Sarmiento e do mar de Arousa e río Ulla son os outros eixos que marcan a promoción turística. Unhas perfectas rutas para descubrir As Rías Baixas e todos os encantos da provincia de Pontevedra.

 

Por último os festivais musicais Rias Baixas Fest que presentan as citas de Atlantic Fest (Illa de Arousa, 30 de xuño ao 2 de xullo), Cultura Quente (Caldas de Reis, 7 e 8 de xullo), PortAmérica (Caldas de Reis, 14, 15 e 16 de xullo) , Sinsal Son Estrella Galicia (Illa de San Simón, 21, 22,e 23 de xullo), SonRías Baixas (Bueu, 3, 4 e 5 de agosto), O Marisquiño (Vigo, 11, 12 e 13 de agosto), Revenidas (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa, 18, 19 e 20 de agosto), Vive Nigrán (Nigrán, 28 e 27 de agosto) e a Festa da Cidade Europea do Viño (Cambados, 9 de setembro) compoñen a oferta de 8+1 de citas deste verán, que a Deputación promoverá a fondo como gran aposta cultural cun gran valor turístico engadido.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.