SALCEDA DE CASELAS
O PP reclama a mellora da aula infantil do CRA de Fontán
Confían na execución da obra despois de manifestalo en pleno a Concelleira de Educación.
![[Img #31681]](upload/img/periodico/img_31681.jpg)
O PP de Salceda presentou ante o Concello unha serie de propostas de acordo ás proposicións, opinións e necesidades dos veciños, ao amparo do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. Do máximo de 399.918,75€ que lle corresponden a Salceda para inversións, o Partido Popular suxire ao Alcalde que “aplique contra esta partida a mellora da aula infantil do CRA. de Fontán, na parroquia de Parderrubias”, explica o voceiro do partido, Santiago Rodríguez Davila.
Segundo o concelleiro popular, “solicitamos ó goberno municipal que aplique medidas para solucionar un problema que afecta sobre todo ó tellado e a climatización da aula”. Asimesmo, recorda que “esta mellora para a aula infantil do CRA de Fontán, xa foi trasladada polo PP en diversos plenos”. Engade Rodríguez Davila que “ademáis, fixemos o escrito para que se incluise dentro do Plan de Concellos 2017”. Desde o Partido Popular do municipio confían en que por fin este ano se executen esas melloras “despois de manifestalo públicamente a Concelleira de Educación en pleno tras una pregunta do noso grupo respecto se ían facer caso a nosa petición e executar a obra”.
Esta solicitud do Partido Popular de Salceda enmárcase dentro das reclamacións ós orzamentos en diversos anos atrás e das continuas suxerencias de melloras necesarias para as aulas do CRA a través dos diferentes Plans de Inversións da Deputación de Pontevedra. Ó respecto, o voceiro popular sinala que “proba diso é a moción presentada polo PP no mandato anterior solicitando a mellora da parte traseira da aula de Soutelo para que se utilizase para educación física". Tempo despois, esa mellora foi executada, polo que “estamos satisfeitos de conseguir ese logro” sentencia Santiago Rodríguez Davila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149