GALICIA
Os 77.353 contratos rexistrados no mes de marzo constatan "a alarmante temporalidade do emprego"
Segundo a CIG malia o elevadísimo número de contratacións só houbo 1.868 persoas desempregadas menos.
Seguindo a tendencia habitual, o paro descendeu en Galiza un 0,88% respecto do mes anterior. Así o número total de desempregados/as rexistrados/as nas oficinas do Servizo Público de Emprego acadou un total de 210.056 persoas. Porén, o descenso non só foi inferior á media estatal, onde o paro baixou o 1,29%, senón tamén o menor dos últimos cinco anos.
O descenso deuse en todos os sectores, igual que na media do estado. Pero para a CIG o preocupante é tanto a cativo baixada do número de desempregados/as, como a precaria calidade do emprego que se está creando.
Neste sentido, o secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido, considera que “proba evidente disto é o elevado número de contratos que se están rexistrando mes a mes”, e que neste último non foi unha excepción, xa que foron 77.353 os rexistrados soamente en Galicia. Como tamén entende que así o constata a baixísima porcentaxe de contratos indefinidos rexistrados, que foi de tan só o 9,9%.
A isto o secretario confederal de Emprego e Industria engade que “tan só hai 1.868 persoas desempregadas menos cando se alcanzaron os 77.353 contratos rexistrados, o que evidencia o elevado número de traballadores e traballadoras que están no mercado de traballo con contratos de duración moi reducida e con alta rotación”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184