GALICIA
As novas instalacións do 112 na Estrada integrarán tamén os servizos de emerxencias da Garda Civil e da Policía Nacional
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, visitaron hoxe este novo centro.
![[Img #31703]](upload/img/periodico/img_31703.jpg)
O novo Centro Integral de Atención ás Emerxencias da Estrada (CIAE112-Galicia) integrará tamén os servizos de atención a emerxencias que presta a Garda Civil e a Policía Nacional.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe estas novas instalacións. Ao percorrido asistiron tamén o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; o xefe superior da Policía en Galicia, Manuel Vázquez; o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil, Ángel Alonso; e o comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco.
Unha das principais vantaxes do novo centro é que está deseñado de cara a unha paulatina integración dos servizos básicos de atención ás emerxencias de distintos sectores, como o da seguridade. Neste caso en concreto está previsto que se integren o Centro Operativo de Servizos da Garda Civil (062); a Central Operativa da Garda Civil de Tráfico; e o 091 do Corpo Nacional de Policía.
Este tipo de modelo de xestión integrador, que permite compartir información en tempo real entre os distintos servizos, redunda nunha xestión pública máis eficaz e eficiente e permite ofrecer á cidadanía un servizo de máis calidade
O novo centro conta cunhas instalacións modernas, dotadas da última tecnoloxía e das máis punteiras de toda España tanto técnica como operativamente, con sistemas e subministración tecnolóxica do máis alto nivel.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184