Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 05 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Unha actuación na rede de saneamento da estrada Porriño-Gondomar elimina filtracións que afectaban ao firme

A inversión realizada na obra ascendeu a 45.000 euros.

[Img #31706]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a presidenta do Consorcio de Augas do Louro e alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, o xerente do Consorcio e os concelleiros mosenses Kely Monzón e Camilo Augusto visitaron onte pola mañá as obras xa rematadas de actuación nun quilómetro da rede de saneamento que transcorre pola estrada PO-331 Porriño-Gondomar á altura da zona de San Rafael en Pereiras.


Para a realización dos traballos foi necesaria a reposición de 150 metros de tubería, xa que había tramos que se atopaban en malas condicións e polos que se producían filtracións. A inversión realizada nesta obra, acometida conxuntamente entre o Consorcio de Augas do Louro e a Axencia Galega de Infraestruturas, ascendeu a 45.000 euros.


Grazas a estas melloras na rede de saneamento logrouse eliminar os verquidos anteriormente mencionados, asegurar a conexión das vivendas da urbanización de San Rafael co colector xeral de saneamento e, de paso, mellorouse tamén o firme. E é que debido ao mal estado de certos tramos de tubería estábanse producindo as devanditas filtracións no subsolo que afectaban á urbanización e ao asfaltado da estrada.


Cómpre destacar a tecnoloxía empregada para detectar estas filtracións, dotada dun robot cunha cámara incorporada que se introduce no interior das tuberías e vai detectando todas as posibles averías, fugas, etc.
Representantes municipais e do Consorcio destacaron hoxe a importancia destes traballos para manter en óptimas condicións un servizo tan vital e relevante para a cidadanía como é o do saneamento.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.