GALICIA
A Policía Autonómica, en colaboración coa Policía Nacional e Gardacostas, incauta 580 quilos de ourizos na Coruña e Vigo
![[Img #31709]](upload/img/periodico/img_31709.jpg)
A Policía Autonómica, en colaboración coa Policía Nacional e con Gardacostas de Galicia incautaron un total de 580 quilos de ourizo, nas cidade da Coruña e Vigo.
Na Coruña, nun dispositivo conxunto con Gardacostas e o Equipo de Resposta Policial (ERPOL) da Policía Autonómica levouse a cabo un control de estrada, sendo inspeccionada unha furgoneta. Requirida a documentación pertinente, os axentes procederon a tramitar atestado policial que foi remitido ao Xulgado de Instrución en funcións de garda da Coruña debido á procedencia e trazabilidade do produto, que non garantía as condicións sanitarias do mesmo, polo que se procede a comisar un total de 500 quilos de ourizo, 27 capachos e o vehículo utilizado no transporte. O marisco comisado foi posteriormente sementado. Polos feitos, investigase a dúas persoas por un presunto delito de Receptación e Falsificación por particular de Documento Público o Mercantil.
En Vigo foron incautados 80 quilos de ourizo, en colaboración con axentes da Policía Nacional. No transcurso dun control, proceden á inspección dun vehículo o cal transportaba 80 quilos de ourizos. Solicitada a documentación pertinente ao condutor, non presenta nin autorización administrativa, nin as condicións para o transporte, non podendo precisar, mediante documento mercantil, a procedencia do marisco nin a súa trazabilidade, polo que se levantan dúas actas de infracción así como unha de comiso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184