Miércoles, 24 de Diciembre de 2025

Xornal21
Sábado, 08 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A secretaria xeral para o Deporte traslada o compromiso da Xunta “para dotar a Salceda dunhas instalacións de primeiro nivel”

A renovación das pistas de tenis do parque da Canuda obedece ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Salvaterra de Miño asinado o pasado 11 de agosto de 2016 polo que a Xunta subvencionou as ditas actuacións achegando ao Concello a cantidade de 40.000 euros.

[Img #31741]

 

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, visitou esta semana o Concello de Salvaterra de Miño onde, acompañada de membros da corporación local supervisou o estado das pistas de tenis da Canuda, renovadas pola Xunta de Galicia. Na contorna do parque da Canuda, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico trasladou o compromiso do Goberno galego “para dotar a Galicia dunhas instalacións deportivas renovadas, reformadas e de primeiro nivel”.

 

Nesta liña, Míguez lembrou que a Xunta de Galicia continúa traballando na “mellora das infraestruturas galegas para o beneficio de todos os cidadáns” e, no que respecta ao deporte, “a Secretaría Xeral seguirá pondo a disposición dos deportistas galegos as mellores instalacións para acadar o seu maior rendemento”. “Se queremos contar cos mellores deportistas, precisamos das mellores instalacións”, engadiu.

 

A renovación das pistas de tenis do parque da Canuda obedece ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Salvaterra de Miño asinado o pasado 11 de agosto de 2016. Segundo o acordo, a Xunta de Galicia subvencionou as ditas actuacións achegando ao Concello a cantidade de 40.000 euros que responde ao importe total das mesmas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.