MOS
O Concello habilita un servizo de atención ao contribuínte sobre a regulalización do IBI
O Catastro está a regularizar os inmobles en Mos e os veciños poderán presentar as súas alegacións ao respecto.
O Concello de Mos informa aos veciños e veciñas do municipio de que recibirán estes días nos seus domicilios unha carta coa regularización catastral dos seus inmobles (regularización do Imposto sobre Bens Inmobles, IBI), informándoos de que dispoñen de 15 días hábiles, excluíndo os sábados, para presentar alegacións a dita regularización catastral.
A administración local mosense anuncia así mesmo que, aínda que este procedemento está instruído exclusivamente pola Dirección Xeral do Catastro, o Concello de Mos vai habilitar un servizo de atención ao contribuínte para que informe e asesore aos habitantes do municipio do procedemento de reclamación e das posibilidades que teñen.
O devandito servizo de atención ao contribuínte estará operativo a partir do luns 17 de abril e ao longo de 15 días no edificio Multiusos das Pozas en horario de mañá, de 09.00 horas a 14.00 horas, e de tarde de 16.00 horas a 18.00 horas.
Por disposición legal, aqueles veciños que están incursos no procedemento de regularización catastral teñen que pagar unha taxa de 60 euros establecida polo Catastro e cuxa recadación corresponde única e exclusivamente ao Catastro, non tendo absolutamente nada que ver coa mesma o Concello de Mos.
A aqueles veciños que reciban a carta e lles resulte moi urxente recibir información e/ou asesoramento ao respecto, serán atendidos dende xa nas dependencias municipais do Concello de Mos e nas oficinas do ORAL.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136