Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 08 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O PSOE de Mos denuncia a necesidade dunha "reforma urxente do Centro de Saúde"

"Tras ver na prensa a noticia das reformas que se levaron a cabo para un aforro enerxético do Centro de Saúde", o PSdeG de Mos critica "a falta de coherencia do goberno local. Xa que na prensa vendese unhas melloras cando a realidade tras falar con diversos usuarios e recibir queixas directas, é que os socialistas dispoñen de información nas que se afirman a situación crítica que atravesa o Centro de Saúde de Mos".


"Ditas queixas fan constar que as fiestras están deterioradas provocando que entre o aire, a calefacción durante o inverno non é a suficiente para ter unha boa temperatura e obriga a que os sanitarios utilicen radiadores extras, as infraestruturas necesitan reformas xerais urxentes e a plantilla de médicos de atención primaria é insuficiente, como mínimo faría falla outro médico máis para poder cubrir as necesidades dos veciños e reducir os tempos de espera nas citas médicas" explican.


Os socialistas afirman que "o Concello é coñecedor destes desperfectos , cónstalle que visitaron as instalacións en varias ocasións prometendo solucións que nunca chegan". A portavoz do Partido Socialista, Patricia Pérez, reclama que "o goberno local tome medidas inmediatas porque esta situación afecta a tódolos veciños". Di que "tanto dende o Concello como dende a Xunta terían que elaborar un proxecto de rehabilitación urxente do Centro de Saúde, xa que cun bo servicio non se verán na obriga de acudir as urxencias do Porriño ou do Cunqueiro, podendo solucionar o problema no propio centro".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.