GALICIA
A Policía Autonómica esclarece dous incendios en Trasmiras e Salvaterra de Miño
No que vai de ano, son quince os investigados pola Policía Autonómica por delitos relacionados con lumes nos montes galegos.
Axentes da Policía Autonómica informaron da investigación de dous homes como presuntos autores de dous incendios forestais no concello ourensán de Trasmiras e no pontevedrés de Salvaterra de Miño.
A Policía Autonómica de Ourense procedeu a tomar declaración como investigado a un varón como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 3 de abril en Trasmiras e que afectou unha superficie 500 metros cadrados. O lume produciuse por mor dunha queima de restos forestais, que non contaba coa preceptiva autorización e na que non se adoptaron as debidas precaucións. Debido a iso, o lume propagouse pola finca e na marxe da A-52. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Xinzo.
Os axentes da Policía Autonómica tamén esclareceron as causas doutro incendio, neste caso na provincia de Pontevedra. Os axentes tomaron declaración como investigado a un varón como presunto autor dun lume ocorrido o 4 de abril no lugar das Chans, parroquia de Fiolledo en Salvaterra de Miño, e que afectou unha superficie de 1,20 hectáreas. O lume foi causado por unha presunta neglixencia na realización dunha queima de restos forestais. Polos feitos descritos tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución número 2 de Ponteareas.
No que vai de ano son quince as persoas detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184