PROVINCIA
Carmela Silva avoga por unha nova lei de termalismo que recolla as necesidades do sector e dos concellos
A Presidenta da Deputación participou na inauguración do encontro das Villas Termais da Federación Española de Municipios e Provincias na localidade de Caldas.
![[Img #31775]](upload/img/periodico/img_31775.jpg)
A Presidenta da Deputación, Carmela Silva avogou esta semana pola redacción dunha nova lei de termalismo que recolla as necesidades do sector e dos concellos que contan con recursos termais nos seus territorios. Uniuse deste xeito a reclamación feita polo alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, na inauguración do XII encontro das Villas Termais da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que contou coa participación de Abel Caballero na súa calidade de presidente da FEMP e da directora de Turismo da Xunta, Nava Castro.
Silva subliñou que a provincia de Pontevedra é a segunda por recursos termais, por detrás de Barcelona e por enriba de Ourense, contando con máis de 1.500 prazas hoteleiras en balnearios que representan o cincuenta por cento de toda Galicia. “A provincia conta con catro vilas termais, como son Caldas, Cuntis, O Grove e Mondariz-Balneario, pero ademais son 21 os concellos que contan con recursos termais, polo que é necesario traballar conxuntamente para que esta riqueza poda ser un dinamizador das economías destas localidades, na súa meirande parte pequenos concellos”, destacou a Presidenta.
Así mantivo que a promoción do termalismo ten que nacer “do consenso para elaborar unha estratexia entre todas as administracións e o sector privado”, subliñou Carmela Silva quen tamén recordou “que a nova lei ten que dar resposta a un sector que ten un presente pero, sobre todo, ten moito futuro moi inmediato”.
Nesa importancia do termalismo na provincia de Pontevedra incidiu Silva ao recordar que incluso un concello pequeno, que soubo aproveitar os seus recursos de augas termais leva o nome de Balneario e foi centro de moita actividade económica e innovación en séculos pasados, como é o caso de Mondariz-Balneario.
A protección medioambiental e o aproveitamento responsable das augas termais foi outro dos eixos da intervención de Carmela Silva quen subliñou que ten que ser outras das apostas das administración e do propio sector privado. “Agora os balnearios non se entenden unicamente como un sinónimo de saúde, senón que cada vez máis entran en xogo os factores de estética e do ocio, ao igual que a prevención cada vez máis que a curación, como tamén o relax ligado a natureza”.
Este cambio no eido de entender o termalismo e o que impulsou á Deputación a reformular o proxecto de “DepoTermal”, no que se ofertan máis de 4.400 prazas de turismo activo en balnearios e hoteis, “que ademais se desenvolve en outono o que nos garante a desestacionalización da ocupación e impulsa a creación e o mantemento do traballo en períodos de menor actividade turística”.
Este encontro do grupo de Villas Termales da FEMP desenvólvese entre Caldas e Cuntis, con diversas mesas redondas e ponencias, e concluirá maña sábado coa asemblea oficial da sección de entidades locais con augas minerais e termais da Federación Española de Municipios e Provincias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149