Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 10 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

Tui celebrará do 15 ao 24 de abril as Festas de San Telmo pensadas para vivir na rúa

A profesora Dolores Balseiro será a pregoeira, e farase unha homenaxe a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.

As festas de San Telmo 2017, que se celebrarán do 15 ao 24 de abril en Tui, estarán marcadas pola promoción do Camiño Portugués de Santiago e polo seu carácter popular. Así o explicaron esta mañá en rolda de prensa, o alcalde, Enrique Cabaleiro, acompañado polos concelleiros María José González, Yolanda Rodríguez, Laureano Alonso, José Martínez Tato e Miguel Capón Rey.  Por motivos laborais non puideron estar presentes Carmen Núñez e José Ramón Magán.


A concelleira de Cultura, María José González, destacou que continúan coa aposta iniciada en 2016, cando o Concello se fixo cargo da organización dos festexos patronais, pensando unhas festas para vivir e disfrutar na rúa. Coma novidade destacou o concerto do grupo Mago de Oz, previsto para o sábado 15 na rúa Compostela con entrada gratuíta, ao que se suma outro cambio substancial na programación que será que cada día se combine a actuación dunha orquestra (Passarela, América, Abanico, Capitol e Olympus) nas verbenas cun grupo musical (Fillos do Estramonio, Batemento,Pelepau e 6TAs9). Tamén ao igual que o ano pasado haberá actividades infantís todas as mañá na Área Panorámica a cargo de En Un Tris Tras e polas tardes proxeccións de cinema.


Ao tempo mantéñense eventos xa tradicionais cunha gran acollida por parte do público coma o Festival Folclórico o domingo 16, e a IX Semana de Teatro Afeccionado que terá lugar do luns 17 ao sábado 22. Amosou o agradecemento do Concello ás asociacións culturais tudenses tanto nestas actividades coma noutras que teñen lugar ao longo das festas e de todo o ano.  


No eido deportivo o concelleiro de Deportes e Turismo, Laureano Alonso, deu conta da celebración de eventos xa consolidados coma a Carreira Solidaria de San Telmo xunto á Andaina de San Telmo, unha Concentración de Coches Clásicos, un curso de Marcha Nórdica, o II Torneo Cidade de Tui de Fútbol Sala e a Copa San Telmo Eurocidade de Fútbol. Tamén explicou que este ano na Feira Cabalar, que se celebra o luns de San Telmo – 24 de abril – terá lugar ao longo de toda a xornada con distintas actividades e exhibicións.


O concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, explicou que durante as festas reforzarase o servizo de limpeza na limpeza para que a cidade estea en perfecto estado, ao tempo que aproveito para solicitar a colaboración cidadá para manter Tui Limpo.

 

 

 

 

A promoción do Camiño de Santiago será tamén un dos obxectivos dos festexos patronais

 

 

 


Yolanda Rodríguez, concelleira de Facenda, explicou dende o equipo de goberno apostan por facer unhas festas abertas para todos os públicos con actividades para disfrute da cidade, nas que o Concello fai un esforzo importante para que sexan unhas festas dignas e de calidade. Con respecto ao cambio de emprazamento das atraccións das festas, insistiu que a entrada en funcionamento do novo centro de saúde fai incompatible que se instalen no lugar onde o viñan facendo ata o de agora na traseira da área Panorámica. A posta a dispor do novo terreo na finca Patazumba, que foi acondicionando oportunamente, é unha decisión pensada e consensuada por todo o equipo de goberno.


O tenente alcalde e concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón Rey, puxo o énfase no recoñecemento que durante o acto inaugural das festas se realizará a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe polo seu papel fundamental na revitalización do Camiño de Santiago, outorgándolle a medalla de honra da cidade na súa calidade de ouro, tal e como acordo a corporación municipal en pleno.  Tamén puxo énfase que este ano haberá máis prazas de aparcamento xa que conseguiron por a dispor 10 mil metros máis grazas a acordos con propietarios de distintos terreos.


Pola súa parte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, anunciou que a profesora Dolores Balseiro Pose será a responsable da lectura do pregón das festas no acto a celebrar o próximo sábado, 15 de abril, ás 19.30hno Teatro Municipal de Tui. Incidiu amais o rexedor na aposta que durante estas festas se fai polo promoción do Camiño Portugués a Santiago, que será o eixo condutor do libro das festas con aportacións de historiadores e xornalistas especializados na materia. Un libro que será tamén unha homenaxe aos empresarios e industriais de Tui xa que no mesmo recolleranse fotografías antigas que recollen a importancia comercial da cidade, imaxes que tamén se exhibirán nunha exposición que abrirá as súas portas o sábado na Sala Municipal na Área Panorámica. Rematou o alcalde convidando a tudenses e visitantes a disfrutar duns festexos declarados de interese turístico galego polos seus múltiples atractivos, e que volverán pór a Tui no mapa cultural de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.