Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 08 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O alumnado do Conservatorio Municipal asistirá a un concerto no Porto o vindeiro domingo 9 de abril

A saída didáctica organizada pola ANPA "Adagio", e coa colaboración do Concello e da dirección do centro educativo, permitirá ao alumnado do Conservatorio e Escola de Música municipais desprazarse á Casa da Música do Porto o día 9, a fin de asistir ao Concerto da Banda Sinfónica Portuguesa con Douglas Bostock -Director da Tokio Kosei Wind Orchestra-, que servirá de complemento á súa formación educativa. O número de inscricións sobrepasa as previsións iniciais, polo que o Concello contratará dous autobuses para facer a viaxe.


Preto de 80 persoas irán gozar desta experiencia na cidade do Porto, que vai “na liña de mellorar a calidade educativa proxectada pola Concellaría de Ensino en colaboración co centro para ampliar os coñecementos e vivencias musicais”, expón a edil da área, Cristina Fernández.


A Banda Sinfónica Portuguesa é unha asociación cultural sen fins lucrativos, apoiada polas escolas de ensino artístico especializado Academia de Música de Costa Cabral (Porto) e o Conservatório de Música do Porto, sendo financiada pola Direcçao Geral das Artes do Goberno de Portugal. A dirección artística está a cargo do mestre Francisco Ferreira, aínda que nesta ocasión Douglas Bostock, director da Tokio Kosei Wind Orchestra, será o encargado de conducila.


Os participantes da saída, entre outras actividades, visitarán o edificio da Casa da Música, deseñado polo arquitecto neerlandés Rem Koolhaas. A principal característica do proxecto arquitectónico é a continuidade visual que se estabelece non só entre o interior e o exterior, mais tamén entre os propios espazos de referencia dentro do edificio. Unha relación de misterio, unha ambigúidade que provoca os sentidos, unha sensación de “caixa de sorpresas” que acompaña o percorrido do inicio ao fin.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.